• Viernes, 10 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro |

"Máis que comercio" campaña de la Xunta de Galicia para impulsar las ventas en el comercio de proximidad

La delegada de la Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentó en Viveiro la campaña de dinamización comercial de los Centros Comerciales Abertos “Máis que comercio” que durante todo el mes de julio, los clientes de los establecimientos asociados al CCA de Viveiro pueden elegir su negocio preferido y optar a tarjetas regalo para comprar en el comercio local.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Esta campaña, que se desenvolverá en xullo no centro comercial aberto da localidade, busca “impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes”, segundo asegurou Arias.

As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com.

Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, os interesados poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 euros en cada CCA para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos, como vales de compra e diferentes produtos achegados polos propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

Arias expuxo que esta iniciativa, desenvolvida pola Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, percorre os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, “co obxectivo de resaltar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade”. Ao mesmo tempo, tal e como sinalou a delegada, que estivo acompañada polo presidente do CCA de Viveiro, Ánxel Vázquez, e por responsables do mesmo, “destácase o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos”.

Con referencia a esta fórmula de asociacionismo, Arias sinalou que permite “o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade”.

Lembrou Arias que o impulso ao asociacionismo é “un dos eixos da estratexia específica da Xunta para o apoio ao comercio de proximidade”, dentro da cal vén de resolverse o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCA de Viveiro resultou beneficiado con apoio económico de 40.000 euros, incrementándose en máis dun 21% a contía con relación ao ano 2013.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar