• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

LOURENZÁ | El presidente de SOGAMA, Luís Lamas, ofrecerá una charla sobre el reciclaje de residuos el día 29 de enero en el salón de actos de la Casa de Cultura.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O salón de actos da casa de cultura de Lourenzá acollerá o día 29 deste mes, martes, unha charla sobre a reciclaxe de residuos, que correrá a cargo do presidente de Sogama, Luis Lamas. A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que “tendo en conta que a través da Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense se procedeu a xestionar a colocación de colectores para reciclaxe de aceite doméstico e no noso caso, no concello de Lourenzá, vanse colocar tres, pareceunos oportuno facer unha charla dirixida a tódolos usuarios que leva por título A reciclaxe, un logro que nos implica a todos. É unha charla que vai ser impartida por Luis Lamas Novo, que é o presidente de Sogama e será o vindeiro día 29, martes, ás sete e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do noso concello. A entrada é libre pero vai destinada fundamentalmente ás amas de a casa e a todas as persoas que xeran residuos no seu domicilio”. Emma Álvarez destacou a importancia de reciclar os residuos “non soamente polo futuro das próximas xeracións, senón tamén polo aforro que iso implica aos concellos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar