A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza unha nova edición da festa dedicada á sardiña esta fin de semana, dende hoxe venres, ata o domingo. Este festexo gastronómico, dedicado a un produto que se consume tradicionalmente nesta época do ano, vaise desenvolver en 23 establecementos hostaleiros focenses, que son: A Bolera, A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, Bar Oíche, Cafetería Dallas, Cafetería May-Ross, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetetería Pastelería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Carro, Restaurante O Lar, Restaurante O Tangarte Mariñeiro e Restaurante Portochico. As sardiñas venderanse a 1,20 euros a unidade en todos os establecementos participantes.