También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

FOZ | La Casa de Cultura acogerá un ciclo de charlas médicas organizado por el Ayuntamiento y el Hospital da Costa

  • cope.es
  • cope.es

A Casa da Cultura de Foz acollerá todos os xoves do vindeiro mes de novembro ás oito da tarde un ciclo de charlas médicas organizado polo Concello e o Hospital da Costa. Esta iniciativa foi presentada hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e por directivos do centro sanitario comarcal: o xerente, Francisco Soriano, e o subdirector médico, Ignacio Núñez. A primeira charla será o día 7 de novembro, tratará sobre a febre no neno e correrá a cargo da pediatra María Guinda Giménez. A seguinte está programada para o 14 e a subdirectora de Enfermería, Isabel Díaz Castro, falará da prevención de úlceras por presión. O día 21 o especialista en Uroloxía Ángel Núñez López disertará sobre as enfermidades de próstata e a última charla do ciclo será o 28, tratará sobre o servizo de hospitalización a domicilio e será impartida polo médico José Luis Fernández Fernández. O rexedor municipal de Foz destacou que é a 13ª edición do ciclo de charlas médicas polo que “xa é un clásico do mes de novembro e estamos encantados de que a nova xerencia do Hospital da Costa siga con esta boa costume. Por iso agradecemos a Francisco Soriano e a Ignacio Núñez, xerente e subdirector médico do centro, esa proximidade que posibilita que os profesionais do Hospital da Costa se poidan desprazar a Foz para que os nosos veciños e outros que queiran vir poidan recibir unha charla médica interesante sobre asuntos coma os problemas prostáticos, a gripe infantil ou a hospitalización a domicilio, un servizo novo do Hospital da Costa que se iniciou como experiencia piloto e que se quere explicar á poboación”. Javier Castiñeira está “encantado de que sigamos recibindo novos servizos do Hospital da Costa e esperemos que o sexa tamén a atención aos pacientes de cáncer, para que poidan dar os seus tratamentos en Burela, evitando así o seu desprazamento á Coruña ou a Lugo. Encantados de que o xerente estivera aquí con nós, en Foz, e agradecemos esa dispoñibilidade”. Francisco Soriano deu a grazas e felicitou ao alcalde de Foz “por esta iniciativa de estas charlas médicas y la oportunidad que nos da de salir de del hospital a la población en general para darle información sanitaria, que se refleja en estas charlas médicas sobre temas cotidianos, del día a día. Hemos querido este año que aparte de médicos haya también una enfermera, que dé una charla sobre temas cotidianos, lo que hace que los pacientes y los familiares puedan saber actuar en todo momento. Nosotros estamos encantados de poder colaborar con esta iniciativa, que considero muy importante y espero que durante otros años se pueda celebrar, porque creemos que es importante que el hospital salga y podamos transmitir toda la información cotidiana a los usuarios”.