También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Deportes | Seis entidades deportivas firmaron los convenios de las subvenciones que ha concedido el gobierno burelés para este 2013, en total suman 12.000 euros

Directivos de varias entidades deportivas de Burela asinaron co Concello esta mañá os convenios das subvencións que lles foron concedidas para este ano. Presidiron o acto o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro.   As asociacións que acudiron á sinatura foron: Augas Santas Kite Club (1.000 euros), Sociedade Deportiva Burela (2.750 euros), Clube Baloncesto Burela (1.500 euros), Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte (1.000 euros), Escolas Deportivas Porto de Burela (2.750 euros) e Club Náutico de Burela (400 euros). En total 9.400 euros. A edil popular subliñou que “a este dato hai engadirlle a adecuación do céspede de herba artificial da Marosa, o acondicionamento do campo de 7 por 7 de herba natural tamén na Marosa, a compra de portarías e de material de baloncesto, a compra dos marcadores de 24 segundos, o pintado dos pavillóns Vista Alegre e Os Castros, entre outras. Todo isto demostra o compromiso que o equipo de goberno ten co deporte”. Dentro das subvencións concedidas polo Concello exclúese ao Burela Fútbol Sala “xa que con eles temos un convenio de colaboración especial que funciona de forma satisfactoria”, engadiu Beatriz Piñeiro. Oxe, 29 de novembro, asinaranse no Concello de Burela os convenios coas asociacións de carácter social. Será a partires das 13:30 horas. Asistirán: o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.

Lo más visto