También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

BURELA |Mañana jueves realizarán las pruebas de acceso a Ciclos Formativos de Grado Superior en el IES Perdouro

  • cope.es
  • cope.es

O día 25 de abril é a data de celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. O IES Perdouro de Burela será a sede para toda a Mariña. Hai inscritos 222 participantes que terán que presentarse ás 09h00 co seu documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte…) e a copia do formulario de solicitude. Pola mañá, de 10:15h ás 13:30h, realizarase a parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). E pola tarde, terá lugar das 16:00h ás 18:30 h. a parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo).

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.

As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.

Toda a información en www.edu.xunta.es/fphttp://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/

Lo más visto