• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El alcalde, José María González Barcia, participó en la inauguración de las V Jornadas de Banda Diseñada del IES Perdouro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O rexedor sinalou que “é importante que os alumnos dun centro educativo realizacen outro tipo de actividades para completar a súa formación e ampliar o abanico do coñecemento. É importante despertar o interese por outro tipo de actividades diferentes ás que se imparten nos centros”. González Barcia subliñou que “as xornadas de banda deseñada do IES Perdouro xa están consolidadas. O apoio do Concello está aí. Estamos convencidos de que o centro ten en mente novas actividades pedagóxicas que quererá levar á práctica. E o Concello axudarálle na medida das súas posibilidades”. O alcalde, na súa intervención desta tarde, engadiu que “é bó que as actividades que organizan os centros de ensino, teñan continuidade no tempo”. Ao acto de inauguración da exposición conmemorativa das xornadas de banda deseñada asistiron a concelleira de Educación, Mónica Pedre; o representante do Concello no consello escolar, Manuel Fernández Valle; e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar