También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

El BNG quiere plazos para la apertura del nuevo saneamiento de San Ciprián

Los nacionalistas al tiempo que reclaman plazos concretos también quieren que este verano no existan vertidos contaminantes al mar como los denunciados en O Chope y en el paseo de A Caosa, que no se solucionarán con la nueva infraestructura. De inmediato piden al ayuntamiento la reparación de dos tapas del actual saneamiento que suponen un grave peligro para la población

O BNG reclama ao concello prazos para a posta en funcionamento do novo saneamento e EDAR de San Cibrao que leva en proxecto dende fai trece anos. Os nacionalistas reclaman a reparación inmediata de dúas tapas da rede actual que verte sen depurar na zona de Cubelas e denuncian que os vertidos na zona do Chope e Paseo da Caosa , aínda coa posta en funcionamento da nova rede, non se solucionará o problema pola necesidade de substituír redes secundarias obsoletas no Porto de Arriba e a desconexión dalgunhas vivendas da Fontiña á rede existente na zona. REPARACIÓN INMEDIATA DE DUAS ARQUETAS DA REDE XERAL NA ZONA DE CUBELAS O BNG rexistra no concello varias solicitudes reclamando a reparación inmediata de dúas tapas da rede xeral de saneamento de San Cibrao a escasos metros do punto de vertido ao mar na zona de Cubelas en San Cibrao que supoñen un grave perigo para a poboación por estar, nun caso totalmente aberta por mor dos embates do mar dos últimos días e outra cunha tapa rota que debería  ser substituída. PRAZOS PARA A APERTURA DA EDAR E REDE XERAL DE SANEAMENTO Ao tempo preséntase unha batería de preguntas na que se reclaman prazos de apertura para a nova EDAR e Rede Xeral de Saneamento de San Cibrao que o PP dende o goberno local anunciou no ano 2001 e segue sen entrar en funcionamento cos prexuízos de seguir vertendo directamente ao mar as augas residuais sen ningún tipo de depuración previa. SOLUCIÓNS AOS VERTIDOS NA ZONA DO CHOPE E PASEO DA CAOSA Os nacionalistas lembran que do proxecto inicial xa se fixeran dúas modificacións, inicialmente o vertido iría á zona da Limosa, despois á zona do Porto de Arriba onde verte actualmente e finalmente no Polígono de Cuíña. Aseguran que o goberno popular sendo Conselleiro de Medio Ambiente o Sr. Barreiro non adxudicou a obra ate ter perdidas as eleccións galegas en 2005 sen consignación orzamentaria que se dotaron economicamente e deron comezo cun Conselleiro do PSOE en 2009. QUEREMOS UN VRAO SEN VERTIDO CONTAMINANTES AO MAR O BNG reclama “un vrao sen vertidos contaminantes ao mar para mellorar a imaxe turística do concello”,  estamos fartos de ver como a veciñanza local e visitante denuncia a imposibilidade de bañarse nas praias de Cubelas ou A Caosa pola desagradábel visión dos vertidos de augas residuais que chegan ás propias praias e por certo levan varios anos facendo perder a bandeira azul ao areal de Cubelas.

Lo más visto