• Sábado, 04 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Dicen está a destruir la industria

El BNG acusa al PP de convertir la Mariña en la capital de paro

El responsable comarcal del BNG, Antonio Veiga, se ha reunido con representantes sindicales para valorar la situación económica y social de la comarca. Tras la reunión, los socialistas piden del Gobierno Gallego que apruebe las medidas compensatorias anunciadas durante la pasada legislatura.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O responsábel do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, Antonio Veiga, reuniuse, esta mañá, na Casa Sindical de Viveiro, cos secretarios comarcais de UGT, CC.OO. e CIG para farcer unha análise económica e social da comarca, que todos coincidiron en afirmar en que está a ser unha das máis afectadas da provincia pola situación de crise actual agravada polas políticas dos gobernos central e galego dirixidas a controlar o déficit público, a pesar de todas as voces que alertan dos perigos de seguir con esa estratexia. Neste senso, Veiga engadiu que “o Partido Popular está a converter á comarca na capital do desemprego e do desmantelamento do tecido industrial. A Mariña é a comarca lucense onde máis se incrementou o paro nos útlimos dous anos concentrando xa a cuarta parte de todos os desempregados.O paro aumentou en todos os concellos tras o feche de factorías emblemáticas e claves para o desenvolvemento económico da zona como Ecar, Móbeis Hermida, Mon, Cemar e outras que reduciron drásticamente as súas plantillas como Sargadelos”. Dende a formación nancionalista insisten en que “a todos os parados das grandes fábricas hai que engadir os desempregados procedentes do sector servizos e os autónomos, obrigados a fechar os seus negocios depois das últimas reformas do Goberno do Estado e porque, ademais, o Executivo de Feijóo prefire apoiar, dende o IGAPE, proxectos abocados ao fracaso e rexeitar outros máis viábeis presentados por pequenas e medianas empresas. O feche de PEMES e a desaparición de autónomos, debido ao seu elevado peso na economía da Mariña, están pondo en risco de exclusión social a moitas familias da comarca que teñen a todos os seus membros en paro”. Unha vez máis, Antonio Veiga, volveu pedir á Xunta de Galiza a posta en marcha de plans especiais para revitalización económica e social da Mariña, cuxa realidade leva desvirtuada desde hai 5 anos cando comezou a crise e recordou que “o Goberno galego, na anterior lexislatura, se comprometeu a aprobar medidas compensatorias para a comarca tras o feche do groso do tecido industrial das que nada se volveu saber”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar