• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Prorrogan un contratos in proceso de selección

El bipartito "incumple" el principio de libre concurrencia

Elena Candia, portavoz del PP, ante las declaraciones del bipartito afirmando que la prorroga de contrato se hace “por estar familiarizada la persona con la contabilidad local” dice que este procedimiento del gobierno “confirma que incumple el principio de libre concurrencia al no poder participar otras persoas en el proceso de selección”.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

As afirmacións vertidas polo equipo de goberno do concello de Mondoñedo ao afirmar que prorrogan o contrato da persoa encargada de realizar os traballos de actualización da contabilidade municipal confirman as sospeitas do PP, ao incumprir o principio de libre concorrencia e non darlle a oportunidade a participar no proceso de selección  a outras persoas que reúnan as condicións para participar. A voceira do PP local, Elena Candia, asegura que en Mondoñedo temos xente preparada que estaría encantada de que se lle dera a oportunidade por parte do equipo de goberno e do señor alcalde de familiarizarse coa contabilidade pública municipal. A popular explica que outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, polo que Candia refire a idoneidade dos funcionarios para levar a cabo este acometido. A popular Elena Candia tamén fai referencia as declaracións vertidas polo edil municipal, Xusto Fernandez Haro, nas que contudentemente di que espera a que haxe un convenio coa Deputación para financiar este posto.Segundo explica a voceira popular, estas afirmacións evidencian a ilegalidade do contrato, posto que incumpre o plan de axuste que obriga ao concello de Mondoñedo, no que se establece que unicamente se realizarán contratos laborais amparados en subvencións doutras administracións que financien o 100% dos custes salariais do novo persoal. Polo que, mentres este convenio coa Deputación non estea garantido, non se podería contratar. Os populares lembran que mentres outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, o bipartito leva gastado, segundo datos do PP, máis de 40.000 euros primeiro na contratación dunha empresa externa para a actualización da contabilidade; máis de 30.000 euros aboados pola Deputación o ano pasado para a contratación dunha persoa; ao que hai que sumarlle outras facturas aboadas por outras empresas que facturaban, sen ter coñecemento o Partido Popular, do contrato que amparaba tales facturas. O que si provoca “perplexidade” é que logo dun gasto superior aos 12 millóns de pesetas, o gasto siga reparado, a contabilidade en actualizar, e inclusive, os resultado desproporcionado de remanente de tesourería, en algunha exercicio, deixa en evidencia a credibilidade dos documentos elaborados ata o momento.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo