También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Instalaciones

El Ayuntamiento de Cervo acondiciona el campo de fútbol 7 situado en el complejo deportivo de Río Covo

La delegación de deportes, que dirige Luís Guillén, ha acondicionado el campo de fútbol 7 ubicado en el complejo deporetivo de Río Covo para su utilización en esta disciplina deportiva.

Nestes días varios operarios do Concello estiveron traballando na mellora destas instalacións, executando traballos de preparación do campo como a corta do céspede ou o pintado das liñas delimitación das áreas. Ao mesmo tempo tamén se dotou de redes ás porterías. Uns traballos que xa remataron e que deron lugar a un terreo de xogo completamente preparado para a súa utilización por parte dos deportistas. Esta actuación fora solicitada por un grupo de persoas afeccionadas que se amosaron interesadas en empregar estas instalacións. Deste xeito, e unha vez acondicionado o campo, a delegación de Deportes anima a todos os afeccionados ao fútbol 7 “a darlle uso a este equipamento” co único requisito de “solicitar un permiso no Concello previo á súa utilización”. Guillén asegura que o Concello traballará para manter o campo en boas condicións que permitan aos deportistas “seguir xogando nunhas instalacións axeitadas a esta práctica”. Unha iniciativa que se enmarca nun conxunto máis amplo de medidas para o mantemento das instalacións deportivas de Río Covo, especialmente de cara á chegada do verán. 

Lo más visto