No pleno celebrado pola corporación do Concello de Alfoz, déronse situacións verdadeiramente surrealistas, según Marrube. O PP recoñeu as grandes carencias e erros que presenta a ordenanza que presentaron sobre o uso das vías públicas do concello, e os efectos negativos que terá sobre a actividade forestal e agrícola, pola graves penalizacións que ten sobre o uso das mesmas ainda que este uso sexa de forma correcta. E realmente surrealista que o alcalde recoñeza o negativo da ordenanza, diga que a van aprobar e a continuación diga que anque a aproben tampouco ten porque aplicala despois, deixando ver que despois tamén pode mirar para outro lado e non facer cumprir a propia ordenanza que el mesmo aprobou. “Practicamente recoñeceu que vai a cometer prevaricación, haberá que seguir a xestión que fai da ordenanza que aprobou” “Consideramos gravísimo que dende as propias instituccións se poñan tan graves atrancos para o desenrolo económico de pequenos concellos como este” “Realmente o que condena a pequenos concellos do rural como este, é a total falta de xestión e iniciativa por parte das alcadías” Todas as mocións que se trataron, as tres dos independentes recibiron o voto negativo do PP. Na moción para invertir o diñeiro do canon eólico nun proxecto de creación de emprego o PP votou en contra, Psoe abstívose. Tamén sorprendente foi a resposta do Psoe na moción para a recucción do soldo do alcalde, na cal dixeron que o soldo non lles parecía alto. A moción da Lomce non saiu adinte con votos en contra do PP.