• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La doctora María José Cortés Canay será la nueva subdirectora médica del Área Sanitaria de Cervo

Cortes Canay hasta el momento ejercía como facultativa en el Servicio de Urgencias del Hospital da Costa La nueva subdirectora médica aporta un amplio conocimiento del funcionamiento del hospital mariñano

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

A doutora María José Cortés Canay será a nova subdirectora médica da área sanitaria de Cervo, donde exercerá o seu labor en estreita colaboración coa xerente executiva, Carmen Durán Parrondo. A doutora Cortés Canayexercía ata o de agora como facultativo no Servizo de Urxencias do Hospital da Costa. Na súa traxectoria profesional destaca a súa experiencia asistencial e a súa capacidade de traballo, que lle permitiron adquirir unha visión global do sistema sanitario, consolidar os seus coñecementos e profundizar nas habilidades de xestión e traballo en equipo, situando sempre ao paciente no centro do sistema e ofrecéndolle unha atención de calidade, en tempo e forma.Ademais, a súa incorporación ao equipo directivo da área sanitaria de Cervo aportará un amplo coñecemento do funcionamento interno do Hospital da Costa, centro no que exerceu a súa labor profesional nos últimos anos. Traxectoria profesional María José Cortés (1971) é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria. Posúe un máster universitario en medicina de urxencias hospitalarias, realizado na Universidade de Santiago. Así mesmo, conta no seu haber con numerosos cursos de perfeccionamento e publicacións. Tamén desempeñou unha ampla actividade docente. Así, foi titora clínica das prácticas de alumnos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, tanto no Hospital de Santiago como no Hospital da Costa. Tamén participou como docente de especialistas MIR, tanto no Servizo de Urxencias como de especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria. Cortés Canay dispón dunha ampla experiencia profesional no eido da sanidade. Iniciou a súa traxectoria como médico residente de Medicina Familiar e Comunitaria no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e no centro de saúde de A Estrada.  Posteriormente traballou como médico no Servizo de Urxencias do CHUS, médico asistencial do O61, médico de urxencias no Hospital Provincial de Pontevedra e, finalmente, no Servizo de Urxencias do Hospital da Costa, donde traballou ata o momento de ser nomeada subdirectora médica da área sanitaria mariñana.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar