También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | El aula CEMIT acogerá un curso para buscar empleo a través de Internet, será del 20 al 27 de junio

  • cope.es
  • cope.es

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela do 20 ao 27 deste mes de xuño. O título é Elabora o teu currículo vitae e busca emprego a través da internet.

Nesta actividade formativa ensinarán aos participantes a elaborar o seu currículo seguindo unhas pautas determinadas a través dun procesador de texto e a buscar emprego en distintos portais. O curso está dirixido a desempregados con coñecementos básicos de internet  e de procesadores de texto. Impartirase de 11 a 13 horas.

Os usuarios da aula da Rede Cemit de Burela poden usar libremente os equipos e a Internet de 7:45 a 10:00 horas e de 13:00 a 14:00.

Os interesados en solicitar máis información sobre estas actividades poden dirixirse a propia aula, que está na Casa da Xuventude burelesa, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.

Lo más visto