Incautan case 800 cacharros ilegais para a captura de polbo en A Guarda

Neste 2025 os axentes de Gardacostas de Galicia interceptaron xa 15.000 destes aparellos ilegais

Guarda furtivismo

Operación contra o furtivismo

Redacción COPE Vigo

Vigo - Publicado el

1 min lectura

Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Marretirou 798 cacharros empregados de forma ilegal na captura de polbo durante operativos nos últimos días na zona da Guarda. Estes controis reforzan a vixilancia contra aparellos prohibidos que ameazan a sostibilidade do recurso e o labor das persoas dedicadas á pesca regulamentaria.

Na primeira actuación, a patrulleira Punta da Guía localizou e retirou 148 cacharros, liberando 14 quilos de polbo por non cumprir a talla e peso legais. No segundo operativo, a patrulleira Mar de Galicia recuperou 650 cacharros e soltou 16 quilos de cefalópodos. Estas accións súmanse aos 720 cacharros comisados a semana pasada na mesma área, o que revela unha intensa actividade furtiva neste treito costeiro.

As inspeccións de Gardacostas integran as tarefas de vixilancia para protexer a explotación sostible do polbo e asegurar o cumprimento das normas pesqueiras, evitando competencia desleal e preservando o recurso mariño. Este ano, retiráronse case 15.000 cacharros en todo o litoral galego, moi por riba dos 2.239 de 2024 e 3.500 de 2023 ás mesmas datas.

A Consellería do Mar mantén o seu compromiso firme contra o furtivismo e a pesca ilegal, que perxudican os ecosistemas mariños e o traballo profesional dos pescadores que respectan a normativa. Colaboran estreitamente Gardacostas, confrarías e sector pesqueiro, que sinalan a presenza destes aparellos na costa.

Escucha en directo

En Directo COPE VIGO

COPE VIGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 04 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking