COPE

Newsletters
Registrarme

San Tomé de Serantes, unha das xoias ourensanas do románico rural galego

A rehabilitación do retablo permite a recuperación das cores orixinais desta obra de Juan Martínez Pita

San Tomé 1

San Tomé de Serantes.

Amelia GonzálezOURENSE

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10:42

No concello ourensán de Leiro, rodeada de hortas e viñedos, atópase unha das pezas do mostrario da arte románica que atesoura esta provincia, unha das maiores coleccións da península. Trátase da igrexa de San Tomé de Serantes, una das xoias máis interesantes e descoñecidas do románico rural galego.

A construcción foi levantada entre os séculos XII e XIII (datada no tímpano na era 1208, o que se correseponde co ano 1170 do vixente calendario gregoriano). É un templo cunha soa nave, teitaida en madeira, e un ábside semicircular.

San Tomé 2-2

San Tomé de Serantes (Foto: Tau Restauración y Conservación de Bienes Culturales)



No exterior, entre outras pezas, chaman a atención o monumental rosetón que coroa o imafronte, o tornachuvias sostido por canzorros con figuras humanas en actitude grotesca, as cornisas con figuracións animadas que rodean o edificio e, no lado sur, o arcosolio funerario da tumba dun abade que data de 1883.


TRABALLOS DE RESTAURACIÓN NO RETABLO MAIOR

Xa no interior, a Xunta de Galicia está a impulsar os traballos de restauración do retablo maior e das súas imaxes. Trátase dun retablo barroco, que tiña problemas de tipo estrutural: a parte superior da cornisa estaba vencida porque as ancoraxes se atopaban en moi mal estado. Isto é polo que houbo que desmontar o "ático" (como se denomina á parte superior da rúa central dun retablo) e, segundo explica Juan Manuel Montero Veiga, de TAU Restauración y Conservación de Bienes Culturales S.L, un dos profesionáis que están levando adiante o traballo "foi unha sorte que non houbera caído antes, porque só estaba en bo estado unha das ancoraxes da estrutura". E istes danos están asociados a os problemas que presenta a bóveda do templo, que obrigaron a mover todo o retablo, xa que a columna lateral esquerda estaba inclinada e impedía enderezalo.



Polo que respecta ao estado da madeira, que é de castiñeiro, os expertos afirman que se atopa bastante ben, ainda que se poden observar os puntos de ataque de xilófagos (insectos que se alimentan de madeira).

San Tomé 7-1

O antes e o despois da recuperación da cor nunha das pezas do retablo.



Como curiosidade se sinala a reconstrucción que no seu día tivo a hornacina central porque se cree que puido ter un ataque de termitas. As pezas de madeira que presenta actualmente non son as orixinais. Está reconstruida por pezas de madeira que poden provir doutro retablo o de outro elemento, como un baúl de equipaxe, porque se atopou adherida pola parte de atrás un tique de transporte de ferrocarril da época.

San Tomé 5

Tique de tren que se atopou adherido nunha das madeiras do retablo (Foto: Tau Restauración y Conservación de Bienes Culturales)



RECUPÉRANSE AS CORES DO RETABLO

En canto á policromía do retablo, atopábase moi oscura, pola acumulación de po, e estaba cuberta por unha capa de verniz bastante oxidado. Actuouse facendo unha limpeza superficial e rebaixando a capa de verniz para destacar as cores.

Vídeo


O retablo da igrexa de Santo Tomé de Serantes data do ano 1709, é de estilo barroco, e foi obra de Juan Martínez Pita, un autor bastante coñecido da época, que traballou no santuario das Ermidas. Na súa composición inclúense varias imaxes de santos que tamén están sendo obxecto de restauración: San Pedro, San Tomé (zona ático), San Cristovo, San Gregorio (zona ático), San Roque, Santa Bárbara e San Gregorio (predela).

San Tomé 8

Imaxe de San Gregorio


Non todas elas son orixinais do retablo, senon que foron realizadas con posterioridade. Segundo os expertos, o seu estado de conservación é bastante bo e todas, agás dúas, conservan a policromía orixinal.

San Tomé 8

Detalle do baldaquino gótico.


Ademais do retablo, no interior da igrexa, no recuncho sueste da nave, destaca o baldaquino gótico do século XV, onde están esculpidos os apóstoles Pedro e Santiago o Maior.



Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Noche del Grupo Risa

Con El Grupo Risa

Reproducir
Directo La Noche del Grupo Risa

La Noche del Grupo Risa

Con El Grupo Risa

Escuchar