• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Visitamos as obras de rehabilitación do claustro do convento de Herbón, en Padrón

Estase reparando o tellado e a madeira do complexo. Tamén se limpa a pedra

ctv-izd-claustro-herbon

O claustro de Herbón foi renovado pola Xunta estes últimos meses

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:12

O complexo de Herbón, no concello de Padrón, con máis de 600 anos de historia, é un exemplo magnífico de arquitectura relixiosa. Situado so uns metros do río Ulla (no límite Sur da provincia da Coruña) hoxe é coñecido como convento franciscano, pero ó longo dos anos os edificios tiveron diversos usos: foron, por exemplo, colexio de misioneiros, seminario menor, convento e colexio. Na súa historia hai incluso un episodio bélico, foi asaltado polas tropas francesas no ano 1.808.

O conxunto foi fundado en 1.396 e declarado Ben de Interese Cultural no ano 2013. O seu estado de conservación é relativamente bo (a Igrexa e a residencia dos frades presentan un bo estado). É o claustro a zona en peor estado e por iso a consellería de Cultura da Xunta de Galicia comezou a rehabilitalo.

Cambio de cuberta, reparación de muros e restauración do forxado

"É unha intervención complicada", explica a Cope Galicia a arquitecta que se fixo cargo do encargo, Cristina Ansede. "É difícil levar maquinaria pesada ó lugar no que está o convento, e tamén conseguir a madeira de castiñeiro que precisamos", engade.

Otra dificultade foron as precipitacións destes meses, que condicionaron a rehabilitación. "Tivemos que facer manobras para poder continuar o traballo os días que chovía", explica a ténica.

Audio


A pesar disto, a rehabilitación avanza coa reparación da cuberta pero tamén coa limpeza da cantería e os muros e coa restauración do forxado do primeiro andar. Tamén moi relevante o tratamento que se aplica á madeira para lograr unha mellor conservación.

Son traballos ambiciosos que lle van dar un aspecto novo á zona máis antiga do complexo.

A idea, segundo remarca Ansede, é mellorar o estado de toda a zona visitable. A entrada de agua na zona do claustro provocou que nos últimos anos algunhas estructuras se deterioraran e de aí esta actuación, que ten un orzamento de 420.000 euros.

ctv-4jx-whatsapp-image-2021-03-05-at-133153-1


As previsións dos técnicos apuntan a que estes traballos de mellora poidan estar listos nun plazo aproximado de "un mes ou un mes e medio".

O convento de Herbón está en pleno camiño portugués a Santiago e ademáis do claustro que ven de ser renovado tamén inclúe una Igrexa e a residencia dos frades (estes dous últimos espazos presentan un estado aceptable).

Dentro do conxunto destacan tamén a Fonte de San Bieito (que verte auga polo peito do santo) e o altar da igrexa, con tallas de Benito Collazo, Gambino, José Ferreiro ou Puente.

Da etapa como Colexio de Misioneiros ven a impresionante biblioteca coa que conta o complexo. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, puido comprobar de primeira man a relevancia dos libros que se conservan nela.

ctv-zxh-libros-herbon

O mosteiro ten una biblioteca con un enorme valor histórico



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE