• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

NOSA SEÑORA DAS ANGUSTIAS

A igrexa das Angustias de Ferrol solventa os seus problemas de humidades

Grazas a unha inversión por parte da Xunta de 114.000 euros

Santuario Nuestra Señora de las Angustias de Ferrol. FOTO: Xunta de Galicia

Santuario Nuestra Señora de las Angustias de Ferrol. FOTO: Xunta de Galicia

FERROL

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:52

A finais do mes de setembro está previsto que rematen as obras de restauración do santuario da Nosa Señora das Angustias de Ferrol.

Así o comunicaron desde o estudo de arquitectura que se encarga dos traballos financiados pola Xunta de Galicia tras asinar un convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A estas alturas queda subsanbar algúns detalles da obra que obrigou nos últimos meses a pechar o templo ao público.

Sergio Beceiro, director de obra e arquitecto do estudo ferrolán Anta Arquitectos, asegura que as principais dificultades á hora de actuar nestes inmobles con tantos anos de historia, ( o templo das Angustias, data de finais do século XVIII), é adecuarse ás técnicas construtivas que se utilizaban antigamente e que distan moito das usadas actualmente. Para Beceiro, antes facíanse al obras "para durar ó longo do tempo, agora prima a rapidez".

As actuacións de restauración na igrexa das Angustias desenvolvidas no últimos seis meses, tiveron como obxectivo solventar os problemas de humidades que estaban a afectar á fachada, aos muros verticais ou ao campanario, así como realizar tarefas de mantemento e limpeza.

As solucións foron recoller augas pluviais, instalar unha cámara bufa para evitar as devanditas humidades, mellorar o encontro entre a cuberta e a fachada, impermeabilizar puntos crítico ou renovar os revestimentos con morteiro de cal. Uns traballos que se enmarcan no compromiso da Xunta por velar pola conservación do patrimonio cultural gallego.

Os traballos neste templo supuxeron un investimento de ao redor de 114.000 euros financiados polo departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

El hermano mayor de la Cofradía de las Angustias con Trenor y Rey Varela en la iglesia - FOTO: Xunta

El hermano mayor de la Cofradía de las Angustias con Trenor y Rey Varela en la iglesia - FOTO: Xunta

BEN PATRIMONIAL SINGULAR

O Santuario da Nosa Señora das Angustias foi construído pola confraría homónima a finais do S. XVIII e é un ben catalogado incluído no plan de Ferrol. O inmoble e a súa contorna inmediata, tamén se atopan no ámbito de protección do Camiño Inglés e é unha das igrexas referentes da Semana Santa de Ferrol.

Trátase dunha edificación caracterizada pola súa sobriedade e liñas simples. Ten unha planta rectangular de gran profundidade, cunha capela maior estreita que posúe un retablo detrás do cal se atopa a sancristía, á que se accede por dúas portas. Conta cun ancho espazo dividido en tres tramos de diferente anchura e lonxitude. As cubertas teñen bóvedas con lunetos baixo os que se abren óculos de iluminación.




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar