Xunta de Galicia
A Xunta reforza o potencial turístico e de lecer do concello de Abegondo co novo complexo de Beche

A Xunta reforza o potencial turístico e de lecer do concello de Abegondo co novo complexo de Beche
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O vicepresidente segundo, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na inauguración do campamento turístico no marco da celebración do Día da Familia
A Xunta destinou 650.000 euros para a construción das cabanas, unha piscina e zona axardinada
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na inauguración do complexo turístico do encoro de Beche, en Abegondo, creado co apoio da Xunta. O Goberno galego destinou 650.000 euros á construción de cabanas, unha piscina e a zona axardinada.
Na súa intervención, o vicepresidente segundo salientou a aposta que representa o novo complexo por dotar tanto a veciñanza como a visitantes de espazos que favorezan o esparexemento e a dinamización da vida social no eido local. Nesta liña, Diego Calvo salientou as numerosas iniciativas postas en marcha polo Concello, especialmente a prol das familias e das persoas maiores, como a participación pioneira no programa Adestra a túa saúde, impulsado pola Xunta para fomentar o exercicio físico entre as persoas de máis de 60 anos.
Calvo referiuse tamén ao apoio da Xunta nas liñas de axudas ao eido local, como a Orde de infraestruturas ou o Fondo de Compensación Ambiental, das que Abegondo recibiu nos últimos anos máis de 360.000 euros.
Pola súa banda, Nava Castro, indicou que a través do plan estratéxico Galicia Destino Seguro a Xunta aposta polo que actualmente están a demandar os turistas, que son destinos abertos, sen masificacións, en contacto coa natureza e respectuosos coa mesma.
“Por iso apoiamos este proxecto tan interesante, mediante o cal non soamente ofértase aloxamento tanto a peregrinos como a turistas, senón que con el ofértanse alternativas de ocio únicas e diferenciadas”, subliñou a directora de Turismo.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



