• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta potencia a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre os máis novos co campamento 'Multiaventura nos Chacotes'

A Xunta potencia a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre os máis novos co campamento ‘Multiaventura nos Chacotes’

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15:35

Os preto de 60 participantes, de entre 12 e 14 anos, desenvolven en Palas de Rei dis–tintas actividades vencelladas ao deporte como bicicleta de montaña, escalada ou tría–tlon

Trátase dunha das catro quendas da actividade este verán, que comezou o pasado ven–res e rematará este domingo

A Xunta de Galicia potencia a práctica de distintos deportes e o contacto coa natureza co campamento Multiaventura nos Chacotes, que se desenvolve este verán na localidade lucense de Palas de Rei. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu esta mañá aos preto de 60 mozas e mozos que desde o pasado venres desfrutan desta experiencia.Durante a súa estadía, estes mozos, de entre 12 e 14 anos, gozan da natureza e da actividade física a través de deportes como bicicleta de montaña, escalada, tiro con arco, cinta de equilibrio, tríatlon, piscina ou caiac. Ademais, aproveitan para visitar lugares próximos como Vilar de Donas ou o Castelo de Pambre. Esta quenda, que se despedirá dos Chacotes o domingo, é unha das catro do campamento este ano.No seu encontro cos participantes, Cristina Pichel puxo en valor a actividade física a través do deporte para manter unha vida sa sen perder de vista o lecer. Neste sentido, destacou que este campamento, ademais de representar unha importante alternativa de conciliación para as familias, promove hábitos de vida saudables entre a mocidade e favorece que coñezan novos amigos que comparten as mesmas afeccións.Esta actividade enmárcase na campaña de verán da Xunta de Galicia. Baixo o lema O verán que queres contar preséntase unha oferta total de máis de 10.800 prazas, a maior de toda a historia, que inclúe campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos Coñece Galicia en establecementos turísticos e prazas para a organización de actividades por parte de entidades sociais.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar