Xunta de Galicia
A Xunta participa na presentación do XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

A Xunta participa na presentación do XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021
Á súa presentación acudiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
O acontecemento terá lugar os días 15,16 e 17 deste mes
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do XXXIII Gran Prix Carrilanas Esteiro, xunto á alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o presidente da ADC Carrilanas de Esteiro, David Fernández. Este evento foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021.
Durante a súa presentación, Castro salientou a importancia do evento, tildándoo de acontecemento de referencia do verán de Galicia, que provoca que se conte por miles as persoas que se dan cita en cada edición para gozar deste evento que xa é tradición no lugar.
Grazas a festas como esta, Galicia convértese nun faro de cultura e tradicións, permitíndonos fomentar a diseminar a chegada de turistas a nosa comunidade a través de todo o territorio, o que fomenta o descubrimento das marabillas que se esconden na nosa terra, axudando a desenvolver o tecido empresarial, especialmente no ámbito rural” indicou a directora de Turismo de Galicia.
No marco do evento actuarán Xoel López, Ortiga, Heredeiros da Crus, SÉS, e A banda da Loba, entre outros.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



