• Domingo, 28 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e os oito centros de investigación universitaria punteiros preparan un plan para ampliar o seu labor

A Xunta e os oito centros de investigación universitaria punteiros preparan un plan para ampliar o seu labor

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:02

Román Rodríguez avoga por “accións coordinadas para consolidar a excelencia e incrementar o impacto social” do labor destes equipos que contan con 1.400 científicos

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2023 A Xunta e os oito centros de investigación universitaria punteiros de Galicia que integran a Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS) preparan un plan de traballo centrado no reforzo de actuacións estratéxicas, de actividades de networking con outros sistemas de investigación, na formación do persoal investigador e de xestión e na incorporación da perspectiva de xénero na xestión dos centros e o deseño da investigación, entre outros. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantivo esta semana unha reunión con todos eles na que se abordou o plan de financiamento para os vindeiros anos, cuestión na que a Xunta referendou o seu compromiso de investimento público que dará continuidade aos máis de 36 M? investidos nestes centros desde o ano 2016.Román Rodríguez destacou a importancia da posta en marcha de “accións estratéxicas e coordinadas” entre estes centros punteiros xa que isto “contribúe a consolidar a súa excelencia, incrementar o seu impacto social e situar o sistema de investigación universitario galego como referente científico no panorama nacional e internacional”. Precisamente para impulsar esta coordinación e cooperación, a Xunta de Galicia vén traballando coas universidades no impulso de iniciativas enfocada a acadar unha estrutura de I+D+i máis forte e competitiva, que atraia talento e, de xeito paralelo, mellore a posición das universidades nos ránking internacionais. Neste contexto creouse a Rede CIGUS, integrada polos mencionados centros, que son obxecto dun financiamento estrutural por parte da Xunta, o que lles garante o seu funcionamento a medio e longo prazo. Na xuntanza de traballo estiveron representados os equipos directivos do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (ATLANTTIC) do Centro de Investigación Mariña (CIM) e do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO). Estes centros concentran preto de 1.400 científicos e 24 spin–offs desenvolvidas no período 2019–2021. Así mesmo, interviñeron como representantes do Grupo de Traballo de Alto Nivel Carmen Vela, investigadora e ex secretaria de Estado de Investigación; Lluís Rovira, director dos centros de investigación de Cataluña, e Luis Sanz–Menéndez, investigador do Instituto de Políticas y Bienes Públicos do CSIC.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar