Xunta de Galicia

A Xunta enxalza os avances no Centro Integral para a loita contra o lume do municipio ourensán de Toén

A Xunta enxalza os avances no Centro Integral para a loita contra o lume do municipio ourensán de Toén

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

José González salientou que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4x4 e motobombas

Seguirase coas actuacións tanto nas edificacións do recinto e na súa contorna como na mellora do equipamento e na dotación dos servizos de prevención de incendios

Destacou que neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais antiincendios como defensores do monte

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe na xornada de portas abertas aos veciños das parroquias de Moreiras e Trelle celebrada no Centro integral para a loita contra o lume que a Xunta está desenvolvendo no municipio ourensán de Toén, nas instalación do antigo hospital psiquiátrico desta localidade.O conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo delegado territorial de Xunta en Ourense, Gabriel Alén, puido constatar os avances rexistrados na posta en marcha desta infraestrutura. Así, José González salientou que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4x4 e motobombas. En ambos casos executáronse xa as rozas necesarias, así como o movemento de terras e unicamente está pendente a instalación dos os obstáculos e o acondicionado final.Ao tempo, o conselleiro sinalou que nas edificacións destinadas a formación, que constituirán un auténtico Campus forestal, xa se ten realizada a análise estrutural de aproximadamente o 70% destas instalacións, estando tamén moi avanzados os traballos para proceder ao peche do perímetro do centro.Nesta visita, José González amosou a súa satisfacción pola boa marcha dos traballos que –indicou– por un lado serven para poñer en valor o traballo do persoal que loita contra o lume en Galicia e por outra parte permiten recuperar unhas instalacións en desuso para o beneficio xeral da sociedade galega.Neste mesmo sentido, o conselleiro valorou o investimento previsto para este ano, que rolda os catro millóns de euros, e que van permitir a actuación tanto nas edificacións do recinto e na súa contorna como a mellora do equipamento e a dotación dos servizos de prevención de incendios.Ademais, González destacou que neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais antiincendios como defensores do monte e, por extensión, da seguridade das persoas e dos seus bens. Salientou, así mesmo, a ordenación, que se vai levar a cabo, de toda a contorna do centro, para convertela nun modelo de multifuncionalidade e biodiversidade forestal. A maiores, contémplase a construción e adecuación dunha rede mellorada e eficiente de puntos de encontro, tanto nas instalacións do persoal, almacéns do material de prevención e extinción coma no que ten que ver coa construción de garaxes para os vehículos.O conselleiro reiterou neste acto o “firme compromiso” da Xunta co Servizo de prevención de incendios forestais de Galicia, unha aposta –trasladou– por un servizo público, profesional e versátil, que se plasma en diferentes medidas. Entre elas citou a ampliación do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo, pasando progresivamente dende os tres ata os seis meses ou as melloras permanentes na dotación de equipamentos e medios do Servizo. Nesta liña puxo como exemplo a recente entrega de roupa e botas a preto de 560 profesionais, cun investimento de 1,2 millóns de euros, xunto á renovación do 60% do parque de motobombas e a próxima entrega de 15 novos todoterreos a axentes ambientais.Outra actuación posta en valor por José González foi a relativa ao Plan de formación do persoal, centrada especialmente na dedicada a mellorar a súa seguridade. Nesta liña, lembrou ademais que a Consellería conta coas achegas dos profesionais do Servizo no proceso de elaboración da futura Lei de loita integral contra os incendios forestais, na que se está traballando, unha norma que –sinalou– “será froito do consenso cos expertos”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Temas relacionados

Programas

Últimos audios

Último boletín

05:00H | 21 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking