• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca o potencial da futura Lei da calidade alimentaria para impulsar no mercado os viños da Ribeira Sacra

A Xunta destaca o potencial da futura Lei da calidade alimentaria para impulsar no mercado os viños da Ribeira Sacra

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:05

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu aos actos da 26ª Cata organizada polo Consello Regulador

Animou a participar a primeira fin de semana de xuño nas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño desta denominación de orixe, promovidas pola Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe durante a súa participación nos actos da XXVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra a oportunidade que suporá a futura Lei da Calidade Alimentaria de Galicia para “impulsar e dar unha nova dimensión no mercado” á produción amparada por esta denominación de orixe.
Así, destacou que a nova Lei –que vén de iniciar a tramitación do seu anteproxecto– introduce novidades que poderán ser aproveitadas polo sector do viño, como a regulación dunha certificación de sustentabilidade que busca fomentar o respecto ao medio ambiente, a calidade e a seguridade alimentaria; a protección das persoas traballadoras e da cidadanía, así como unha renda adecuada para os diferentes elos da cadea de valor. Tamén se crearán dous órganos de consulta e participación do propio sector e potenciarase a compra ou contratación pública de produtos e servizos alimentarios cun impacto ambiental reducido.
Arias celebrou que despois de dous anos sen organizar a Cata polas limitacións da pandemia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra a recupere este ano con 84 caldos pertencentes a 32 adegas. Tamén felicitou aos adegueiros e viticultores “polos bos resultados e recoñecementos que seguen colleitando grazas ao seu traballo e á capacidade de adaptación que amosaron durante os tempos máis difíciles da Covid–19”.
O delegado animou así mesmo a participar nas actividades que ofrece a undécima edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños, promovidas pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia. Subliñou que a Ribeira Sacra acollerá a primeira fin de semana de xuño –do 3 ao 5 ? este programa,“que inclúe múltiples propostas para que o público de todas as idades poida desfrutar da gastronomía e o patrimonio natural e cultural da zona”. O programa completo pode consultarse na páxina web www.rutasviñosgalicia.gal.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE