Xunta de Galicia

A Xunta crea un grupo de traballo técnico para actualizar a Estratexia galega de cambio climático e avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións

A Xunta crea un grupo de traballo técnico para actualizar a Estratexia galega de cambio climático e avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ángeles Vázquez explica que este grupo de profesionais dará inicio aos traballos para a elaboración do novo Plan rexional integrado de clima e enerxía 2024–2030

As prioridades serán afondar na mitigación das emisións, apostar pola protección da biodiversidade e do patrimonio natural, e dar un pulo ás medidas orientadas a reducir o impacto do cambio climático na saúde

Este segundo plan rexional integrado dá continuidade ao desenvolvido entre os anos 2019 e 2023, ao abeiro do que se executaron un total de 139 a través dun investimento de 1.139 millóns de euros

A Xunta aprobou a creación dun grupo de traballo técnico para actualizar a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 (EGCCE 2050) co obxectivo de seguir avanzando cara a unha Comunidade neutra en emisións.Durante a súa participación na reunión do pleno da comisión interdepartamental para o impulso e coordinación da EGCCE 2050, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que este grupo de profesionais dará inicio aos traballos para a elaboración do novo Plan rexional integrado de clima e enerxía 2024–2030, que permitirá revisar e actualizar as liñas e medidas da folla de ruta da Comunidade para acadar a neutralidade climática.Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez subliñou que este grupo de traballo estará integrado por persoas de perfil técnico e terán a función de colaborar na definición, revisión e contraste previo das propostas técnicas que se trasladarán con posterioridade á comisión interdepartamental para realizar as reunións temáticas en función dos obxectivos do plan rexional integrado.Nesa liña, a conselleira incidiu en que as prioridades deste plan serán afondar na mitigación das emisións para avanzar na neutralidade climática; apostar pola protección da biodiversidade e do patrimonio natural, e dar un pulo ás medidas orientadas a reducir o impacto do cambio climático na saúde.A maiores, Ángeles Vázquez avanzou que neste período se reforzará o papel da comisión interdepartamental para o impulso e coordinación da EGCCE 2050 afianzando o seu carácter transversal e fomentando a cooperación entre todos os axentes e departamentos da Xunta implicados nesta materia.Nese senso, a representante autonómica incidiu en que a loita contra o cambio climático é unha cuestión que compete a toda a sociedade polo que avogou por reforzar a coordinación coas administracións locais, a través da Rede local polo clima, e co tecido económico e social, mediante a Alianza galega polo clima.Cómpre lembrar que este segundo plan rexional integrado dá continuidade ao desenvolvido entre os anos 2019 e 2023, ao abeiro do que se executaron un total de 139 medidas –máis do 80 % das propostas– a través dun investimento de 1.139 millóns de euros –máis do 90 % do total orzamentado–. Así, segundo aseverou a conselleira, “pódese dar por executado máis do 90 % da planificación inicialmente prevista”.Para concluír, Ángeles Vázquez insistiu en que o Goberno galego seguirá traballando na mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro; na adaptación aos seus impactos; na investigación das súas causas, evidencias e efectos, e na concienciación social para acadar unha cidadanía formada, sensibilizada e resiliente a este fenómeno.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados