• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta concede 800.000 ? en axudas a 42 concellos para mellorar a imaxe exterior e os impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais

A Xunta concede 800.000 € en axudas a 42 concellos para mellorar a imaxe exterior e os impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:25

En total, outorgáronse 53 subvencións por un importe máximo de 20.000 ? e houbo 11 municipios que recibiron dúas axudas, unha por cada liña prevista na orde

O 45% das actuacións centraranse en edificios de usos educativos, asistenciais ou administrativos, como antigas escolas municipais, locais sociais, consistorios ou polideportivos, e outro 45% en renovar fontes, palcos de música e lavadoiros

A Xunta concedeu este ano un total de 800.000 euros en axudas a 42 concellos para apoialos no financiamento de obras e actuacións de mellora que repercutan de forma positiva na imaxe exterior de edificios públicos, equipamentos e outros elementos e instalacións de titularidade municipal, reducindo así o impacto paisaxístico que causan sobre a contorna.Por segundo ano consecutivo o Goberno galego volveu apostar por esta liña de subvencións, un programa pioneiro impulsado en 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e cuxa primeira convocatoria ?con dúas ordes diferenciadas, unha dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes e outra para propietarios particulares? foi moi ben acollida.En vista do éxito da iniciativa, a Xunta convocou o pasado mes de xaneiro novos incentivos para animar aos cidadáns e ás entidades locais a impulsar actuacións de renovación, mellora e acondicionamento exterior en edificios e outros equipamentos.Cun orzamento de 800.000 euros, a convocatoria dirixida aos concellos ?que acaba de resolver o IET? prevía dúas liñas de actuación: unha para obras coas que emendar o impacto paisaxístico en dependencias municipais de tipo sanitario–asistencial, educativo, cultural ou administrativo–institucional; e outra, para mellorar determinados equipamentos propiedade dos concellos, facendo especial fincapé en elementos etnográficos como fontes, hórreos, palcos de música e lavadoiros. Ao igual que ocorrera o ano pasado, o crédito dispoñible para esta liña de incentivos esgotouse na súa totalidade, confirmando así o interese e a implicación do municipalismo galego coa mellora das súas instalacións e a protección da paisaxe.En total, concedéronse 53 subvencións a 42 municipios xa que 11 deles recibiron dúas axudas, unha por cada liña de actuación prevista. O importe destes incentivos pode chegar ata os 20.000 euros ?o 70% do custo total estimado? de xeito que os concellos que resultaron beneficiarios recibirán 40.000 euros, como máximo, para corrixir impactos paisaxísticos nas súas dependencias e equipamentos públicos, unha das novidades da convocatoria de 2022, xa que o ano pasado o límite estaba en 35.000 euros.Entre as actuacións subvencionables no marco da liña 1, inclúense obras de renovación do acabado exterior das fachadas, remate ou substitución de cubertas, e revestimento de muros de cerramento do predio. Case a metade dos incentivos concedidos en 2022 ?un 45%?enmárcanse nesta liña e destinaranse, concretamente, a intervir en edificios e equipamentos de usos educativos, asistenciais ou administrativos, como antigas escolas, locais sociais, consistorios, bibliotecas, albergues ou polideportivos e campos de fútbol. En canto ás intervencións sobre elementos etnográficos ?que concentran outro 45% das axudas outorgadas este ano? serán melloras de índole menor sobre fontes, palcos de música e lavadoiros, que non cambiarán o seu uso nin aumentarán o volume dos elementos estruturais que os compoñen. Por último, 5 subvencións destinaranse a proxectos de renovación doutros equipamentos que non encaixaban na liña 1, como centros de usos múltiples, depósitos de auga e dependencias de protección civil.Ademais, todas as actuacións que se subvencionen terán que adaptarse aos criterios fixados na Guía de cor e materiais de Galicia ou, no caso dos valados e cerramentos, aos da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados. Os concellos deberán rematar e xustificar a execución das obras antes do 30 de setembro.En total, prevese que grazas a todas estas intervencións se mobilicen investimentos por un mínimo de 1,14 millóns de euros, tendo en conta que os concellos beneficiarios achegan a lo menos un 30% do valor da obra. Polo que respecta á orde de incentivos dirixida a apoiar a particulares na execución de actuacións sobre os seus inmobles, cómpre subliñar que este ano se recibiron un total de 2.000 solicitudes e que se empezarán a resolver nas vindeiras semanas.Cómpre lembrar que a convocatoria de 2021 das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos para cidadáns e entidades locais saldouse con máis de 500 subvencións concedidas por un total de 2 millóns de euros e permitiron intervir en 222 municipios. Ademais, tendo en conta que a Xunta non cobre o 100% do custo da actuación, estímase que grazas a estes incentivos se mobilizou un investimento total de 2,9 millóns de euros.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE