• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta comeza as obras da nova parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño, que suporá un investimento de preto de 170.000 ?

A Xunta comeza as obras da nova parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño, que suporá un investimento de preto de 170.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:45

O obxectivo é executar unha parada para as liñas de autobús interurbano de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, na avenida O Vinte e Cinco de Xullo


As obras, que favorecerán o intercambio de pasaxeiros, inclúen a urbanización da zona, a reposición dos servizos afectados e a instalación dos refuxios para a resgardo dos viaxeiros


Os traballos enmárcanse no convenio entre a Xunta, que financia e executa a obra, e o Concello, que dispón os terreos e asume o mantemento da infraestrutura

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño, cun investimento de preto de 170.000 euros.O obxectivo é executar unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co fin de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte. As obras, cun prazo de execución de 5 meses, consisten na instalación dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma. Na intervención inclúese a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio. Ademais, o refuxio protexerá os usuarios do transporte público das inclemencias meteorolóxicas. Esta actuación reforzará a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño.
A intervención enmárcase nun convenio de colaboración polo que a
Xunta achegará o financiamento e executará as obras, mentres o Concello do Carballiño pon á disposición os terreos necesarios e asume o mantemento da infraestrutura ao seu remate. A actuación é financiada no marco do Eixe REACT–UE do programa operativo FEDER Galicia 2014–2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de covid–19.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar