• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta avalía coas comunidades de montes de Oímbra e Verín os danos producidos polos incendios forestais na zona e as medidas para paliar a afectación

A Xunta avalía coas comunidades de montes de Oímbra e Verín os danos producidos polos incendios forestais na zona e as medidas para paliar a afectación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:50

No encontro avaliáronse os danos e avanzouse nas diferentes liñas de traballo conxuntas para facerlles fronte

José González lembroulle aos afectados que poden solicitar os catro millóns de euros en axudas para a reposición dos danos causados polo lume convocadas pola Consellería do Medio Rural

Tamén incidiu na importancia de progresar na anticipación aos incendios con ferramentas como as da Lei de recuperación da terra agraria

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo esta mañá un encontro cos responsables das comunidades de montes dos concellos de Oímbra e Verín, para avaliar a situación tras os incendios forestais rexistrados este verán nestas zonas. Esta xuntanza súmase ás mantidas en días anteriores con comuneiros doutras zonas afectadas, como a do Courel, e a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.Este encontro, no que tamén participou a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, e técnicos da Consellería e do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, serviu para analizar os danos causados sobre o terreo e para avanzar en liñas de traballo conxuntas para facerlles fronte. En concreto, a investigadora do CIF de Lourizán Cristina Fernández, que xa inspeccionou o terreo afectado, explicou os detalles técnicos da afección e as posibles medidas a tomar para previr a erosión no chan. Neste sentido, trasladou que a afectación nos solos foi en xeral baixa e só moderada en puntos concretos, nos que se avaliará a posibilidade de adoptar medidas paliativas como o tratamento por mulching. Ademais, o conselleiro do Medio Rural lembrou aos comuneiros a posibilidade de solicitar os catro millóns de euros en axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras que se viran afectadas por estes incendios.Segundo a orde publicada o pasado 29 de xullo no Diario Oficial de Galicia (DOG), as subvencións para explotacións forestais poderán concederse de cara á reposición das infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais e a maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia dos labores de extinción dos incendios. Tamén, para a madeira amoreada queimada e de corta, recollida e esteladura da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública, nas zonas afectadas polos lumes.No que atinxe ás explotacións agrícolas e gandeiras, as axudas cubrirán a reposición dos bens, equipamentos, maquinaria, medios de produción, producións e gando ou colmeas danados, así como a subministración de alimentación complementaria de gando ou colmeas nas zonas afectadas polos incendios. En todos os casos, as axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, cuns límites máximos que están fixados na convocatoria segundo o tipo de beneficiario. Estes topes oscilan entre os 3.000 euros (para cubrir os custos de alimentación de gando) e os 50.000 euros (para a maquinaria forestal danada en tarefas de colaboración na extinción dos lumes).Na xuntanza de hoxe, o conselleiro sinalou que tras os labores de extinción, os esforzos céntranse agora na recuperación do solo e do potencial produtivo da zona. Nesa liña, González lembrou a folla de ruta marcada desde hai máis dun ano a través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que recolle figuras como as aldeas modelo –das que xa hai 19 aprobadas– e os polígonos agroforestais –10 xa iniciados e cinco en fase de actuacións previas–. En total, salientou o conselleiro, máis de 5.000 hectáreas de terreo están sendo mobilizadas no primeiro ano de vixencia da Lei de recuperación, beneficiando case 7.000 propietarios dunhas 28.000 parcelas. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE