Xunta de Galicia
A Xunta asiste á inauguración da Comisaría Local da Policía Nacional de Ribeira

A Xunta asiste á inauguración da Comisaría Local da Policía Nacional de Ribeira
Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu esta mañá a inauguración da comisaría local da Policía Nacional en Ribeira, na que participou o ministro do Interior, Fernando Grande–Marlaska. As novas instalacións, situadas na avenida das Airós, no lugar de Fontán, darán cobertura a toda a comarca da Barbanza.Con este cambio de localización, as oficinas da nova sede da Policía Nacional en Ribeira serán máis amplas e luminosas e facilitarase o traballo dos profesionais adscritos ao cadro de persoal ribeirense. O Goberno galego puxo en valor a importancia de contar cun corpo de seguridade do Estado que vixíe e controle a seguridade e benestar dos cidadáns.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.



