• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para impulsar o crecemento empresarial

A Xunta aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para impulsar o crecemento empresarial

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 15:15

A directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron en Santiago na xornada Investir en ciencia si é rendible: impacto e retorno

A directora do Igape sitúa a busca de novos mercados como “parte do ciclo de vida dunha empresa” ao permitir consolidar o seu crecemento e aproveitar novas oportunidades e resalta que Galicia pechou 2023 cun novo récord exportador ao superar, por primeira vez, a barreira dos 30.000 millóns

Destaca a importancia da Oficina Económica de Galicia na captación de investimentos, ao permitir facilitar información, asesoramento e acompañamento no impulso de novas iniciativas nunha única canle

Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación subliñou a aposta do Goberno galego por fortalecer o ecosistema galego de I+D+i, focalizar os esforzos en tecnoloxías disruptivas (os vehículos aéreos non tripulados, as tecnoloxías cuánticas e a biotecnoloxía) e impulsar novos instrumentos de apoio

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024A directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe na xornada Investir en ciencia si é rendible: impacto e retorno. Na súa intervención, a directora do Igape puxo en valor a importancia da aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para facilitar o crecemento empresarial. Neste sentido, Toca avogou pola cooperación público–privada para acompañar a emprendedores e empresarios no seu desenvolvemento. Un itinerario, expuxo, no que se debe apostar tamén pola saída ao exterior como “parte do ciclo de vida dunha empresa”, toda vez que a procura de novos mercados permite consolidar o seu crecemento e aproveitar novas oportunidades. Para acadar estas metas, a directora do Igape lembrou que a Estratexia de Internacionalización da Xunta inclúe distintas ferramentas e liñas para colaborar co tecido empresarial neste eido. Un traballo conxunto, afondou, que ten permitido pechar o 2023 cun novo récord exportador ao superarse, por primeira vez na historia, a barreira dos 30.000 millóns en vendas ao exterior.“Esta aposta pola internacionalización configúrase como unha vía de dobre sentido”, afondou Toca Carús, sinalando que “resulta imprescindible que esa apertura e as condicións do noso mercado atraian investimentos produtivos e sensibles aos principais vectores de crecemento futuro: a innovación e dixitalización e a sustentabilidade”. Neste contexto, a directora do Igape resaltou a posta en marcha este ano da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento. Esta Oficina, explicou, é unha nova variante dentro da batería de medidas de apoio ás empresas, que buscan dar un salto en innovación tecnolóxica, automatizando e axilizando os procesos internos e mellorando a competitividade empresarial no cambiante escenario actual.Unha aposta, expuxo a directora do Igape, que se está a complementar con outras iniciativas como os Centros de Fabricación Avanzada ou a nova liña de Centros de Dixitais, que facilitan a creación de infraestruturas compartidas para as empresas galegas; ou como a aposta polas startups, coa activación da primeira liña específica de apoio a este tipo de compañías como da nova business factory ambiental (Clima ? Tech). “Dixitalización, internacionalización, apoio financeiro, transición ecolóxica ou a aposta polo talento son algunhas das bases do noso traballo. Un marco no que buscamos contribuír a impulsar un crecemento sólido e de longo alcance para crear cadeas de valor no tecido produtivo”, concluíu Toca. Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou na súa intervención que a Xunta de Galicia realizou untica de I+D+i orientado a mudar as estruturas de gobernanza coa creacin da Comisión Interdepartamental de I+D+i, fortalecer o ecosistema galego de I+D+i, focalizar os esforzos en tecnoloxías disruptivas (os vehículos aéreos non tripulados, as tecnoloxías cuánticas e a biotecnoloxía) e impulsar novos instrumentos de apoio, como o programa de Misións ou a Compra Pública de Innovación.Este esforzo materializouse en resultados como un incremento do 80% no investimento en I+D+i da Xunta de Galicia desde 2019 ou o maior investimento de toda a serie histórica en I+D segundo datos do INE referidos adirectora de Gain fixo mencin de spin–offs e acordos coa industria, a captación de investimento público–privado dos proxectos impulsados e a creación de más de 100 empregos altamente cualificados. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

JJOO - Fútbol Masculino: España-Republica Dominicana y resto de competiciones

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo JJOO - Fútbol Masculino: España-Republica Dominicana y resto de competiciones

JJOO - Fútbol Masculino: España-Republica Dominicana y resto de competiciones

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar