• Sábado, 18 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta acredita a 130 militares a súa experiencia profesional en vixilancia e seguridade privada, atención sanitaria e amarre de portos

A Xunta acredita a 130 militares a súa experiencia profesional en vixilancia e seguridade privada, atención sanitaria e amarre de portos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:15

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou hoxe no Cuartel de Dolores do Tercio Norte de Infantería de Marina o acto de entrega dos certificados

Un convenio asinado en 2020 entre a Xunta e o Ministerio de Defensa permite a persoal militar recoñecer as súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

A iniciativa está dirixida a persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o que se atope en situación legal de desemprego durante os dous anos posteriores a súa data de baixa nas Forzas Armadas

Lorenzana destaca que as competencias profesionais e a experiencia laboral son hoxe dous requisitos clave para acceder e manterse no mercado de traballo

Un total de 130 militares recibiron hoxe en Ferrol os diplomas e certificados que acreditan a súa experiencia profesional en tres categorías: vixilancia e seguridade privada, atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes e amarre de porto e monoboias.Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que permite a persoal militar recoñecer a súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou hoxe o acto de entrega destes diplomas e certificados no Cuartel de Dolores do Tercio Norte de Infantería de Marina. Un convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Defensa en 2020 permite participar no procedemento do recoñecemento da experiencia laboral (REXP) ao persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores a súa data de baixa nas Forzas Armadas. O convenio inclúe a acreditación nas tres especialidades referidas. A de vixilancia e seguridade privada contén á súa vez dous certificados de profesionalidade: en vixilancia e protección de persoas; e en vixilancia e protección de explosivos. Lorenzana destacou que esta iniciativa permite hoxe que Galicia conte con persoas traballadoras mellor preparadas para enfrontarse ao mercado laboral e sinalou que é un recoñecemento oficial ás competencias profesionais e experiencia laboral, dous aspectos clave para acceder e manterse hoxe en día no mercado de traballo. O 95% das persoas traballadoras que se presentaron á convocatoria de 2022 superaron as probas, unha formación para o emprego que, segundo indicou a conselleira, é prioritaria na actualidade para que as empresas galegas poidan ser máis competitivas e diferenciarse a través dun cadro de persoal formado por capital humano capacitado e experimentado. o recoñecemento da competencia profesional. Nas 15 convocatorias que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade realizou entre os anos 2011 e 2022 preto de 15.000 galegas e galegos obtiveron algunha acreditación a través deste procecemento. En global, convocáronse neste período un total de 23 cualificacións profesionais e ofertáronse 21.230 prazas. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar