• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Sergas leva dispensados 318 tratamentos dos antivirais contra a covid-19

O Sergas leva dispensados 318 tratamentos dos antivirais contra a covid-19

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:25

Desde o pasado 28 de marzo, os medicamentos ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’ engadíronse á listaxe de recursos dispoñibles para loitar contra o coronavirus

O Servizo Galego de Saúde leva dispensados un total de 318 tratamentos dos antivirais contra a covid–19, ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’, aos usuarios dos centros sanitarios galegos.Por áreas sanitarias, desde que no pasado 28 de marzo Galicia recibise a primeira remesa destes medicamentos, a área sanitaria da Coruña e Cee dispensou 60 tratamentos; a área sanitaria de Vigo 58; a área de Santiago e A Barbanza 29; a área de Ferrol 24; a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 80; a área de Pontevedra e o Salnés 14; e a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras un total de 53 tratamentos.Ambos fármacos engadíronse a comezos de abril ás vacinas e a outros medicamentos para evitar que pacientes positivos cuns determinados condicionantes poidan evolucionar cara un estado grave da enfermidade e ademais previr as hospitalizacións en pacientes con sintomatoloxía leve.‘Paxlovid’ é un medicamento que se subministra baixo prescrición médica e que se administra vía oral. Así, posibilita un tratamento ambulatorio para aqueles pacientes leves que contan con factores de risco para evolucionar cara unha covid–19 grave, ao tempo que permite controlar a progresión da infección.Pola súa banda, ‘Evusheld’ é un fármaco que se administra vía intramuscular con dúas inxeccións e está dirixido a persoas adultas inmunodeprimidas. Este fármaco, está indicado como profilaxe pre–exposición, e contribúe a previr a infección e o risco de desenvolver complicacións por mor do coronavirus. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar