COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

O Programa galego de cribado neonatal incluirá a atrofia medular espiñal a partir do 2023

O Programa galego de cribado neonatal incluirá a atrofia medular espiñal a partir do 2023

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:10

A Xunta incide na visibilización das enfermidades neuromusculares, no marco das IV Xornadas Galegas da ASEM

A Estratexia Galega en Enfermidades Raras contempla tres unidades funcionais multidisciplinares, en marcha desde principios de ano na Coruña, Santiago e Vigo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, clausurou hoxe, no Hospital Álvaro Cunqueiro, as IV Xornadas ASEM Galicia nas que se abordou o presente e futuro nas enfermidades neuromusculares. Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego dixo que a Xunta incorpora novas patoloxías ao Plan galego de cribado neonatal, para o 2023, entre elas, a Atrofia Medular Espiñal.Segundo sinalou o conselleiro, “o sistema sanitario debe atender a estes pacientes dun xeito multidisciplinar” e nos últimos anos avanzouse en diversos procedementos en relación ás enfermidades neurodexenerativas, entre eles o Proceso Asistencial Integrado de esclerose lateral amiotrófica e o PAI de esclerose múltiple.As dificultades na atención temperá e na xestión integral das enfermidades raras requiren, –proseguiu Comesaña–, “agrupar o coñecemento para facer posible a abordaxe de ditas patoloxías baixo unha dimensión integral, concentrando os casos para unha atención axeitada”. Por este motivo, incluíuse, dentro do desenvolvemento da Estratexia Sergas 2020, o Plan Autonómico de Enfermidades Raras, dirixido ao desenvolvemento coordinado e interdisciplinario da estratexia de abordaxe das enfermidades raras do Sistema Nacional de Saúde en Galicia.Neste contexto, –sinalou o responsable do Sergas–, elaborouse a Estratexia Galega en Enfermidades Raras, que define as pautas de traballo para realizar a súa abordaxe integral co obxectivo de establecer un novo modelo asistencial. “Un modelo optimizado e baseado en criterios homoxéneos para garantir un prazo de diagnóstico máis reducido, cunha menor variabilidade no manexo do paciente e unha xestión máis áxil, coordinada e eficiente”. A Estratexia contemplou, ademais, a creación de tres novas unidades funcionais multidisciplinares situadas na Coruña, Santiago e Vigo. Puxéronse en marcha a comezos deste ano e están xa prestando asistencia especializada a estes pacientes.Para rematar a súa intervención, o conselleiro deu ás grazas á Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares “por visibilizar estas doenzas e concienciar á sociedade e ás institucións das necesidades específicas das persoas que as padecen”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar