• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Portos de Galicia informa ao Concello de Cambados das súas accións para defender a cadea mar-industria na tramitación do Plan Especial

Portos de Galicia informa ao Concello de Cambados das súas accións para defender a cadea mar-industria na tramitación do Plan Especial

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 02:40

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Cambados para informarlle das accións que o ente público está a desenvolver para reafirmar o Plan Especial de ordenación portuaria do municipio e con el os usos da cadea mar–industria. Susana Lenguas trasladou aos representantes municipais que Portos de Galicia está a traballar en dar resposta ás solicitudes do informe sectorial emitido por Costas do Estado sobre o Plan. Na súa resposta Portos ratifícase en manter os usos das concesións actuais e potenciais do porto. A presidenta do ente público insistiu de novo en denunciar a invasión de competencias que o informe de Costas supón sobre a autonomía de Galicia e a nefasta repercusión sobre a economía litoral galega que tería a proposta do Estado de aplicar nos portos transferidos ás comunidades autónomas a Lei de Costas. De aplicarse este criterio, explicou, podería supoñer o cese da actividade de decenas de empresas da cadea mar–industria. Neste sentido, Susana Lenguas insistiu en que Portos de Galicia chegará ata as últimas consecuencias precisas para protexer as competencias autonómicas en portos e defender a actividade industrial que se vén recollendo na planificación portuaria en xeral, e concretamente na de Cambados. Ademais, en relación ao pronunciamento público amosado polo Goberno central nos últimos días nos que trasladou que o informe de Costas non debe supoñer a fin da actividade industrial no dominio público portuario, a presidenta de Portos manifestou que, de ser así, o Executivo estatal debería rectificar formalmente por escrito o informe sobre o plan especial do porto de Tragove.Finalmente, ambas partes afondaron no procedemento de reversión de terreos transferidos a Portos nos que non se desenvolve actividade portuaria. Neste sentido, revisáronse as zonas acordadas entre as partes para a reversión a Costas a fin de evitar repercusións económicas prexudiciais que puidesen derivarse da interferencia de Costas nas competencias portuarias autonómicas. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar