• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lorenzana sitúa Monterrei como un dos núcleos que exemplifica o compromiso da Xunta co emprego rural

Lorenzana sitúa Monterrei como un dos núcleos que exemplifica o compromiso da Xunta co emprego rural

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 01:17

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiveron un encontro co alcalde da localidade, José Luis Suárez

A comarca de Verín conta co primeiro Polo de emprendemento de Galicia estreado o pasado verán e acaba de abrir unha nova oficina de emprego que contará cun novo software para optimizar a cobertura das vacantes con persoas desempregadas

Os representantes da Xunta visitaron tamén a bodega Crego e Monaguillo, da que salientaron a súa aposta pola responsabilidade social empresarial e o compromiso coa xeración de emprego na súa contorna

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Monterrei (Ourense), 30 de marzo de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, na que expuxo as liñas que este departamento ten en marcha para favorecer o emprego de calidade en Galicia, co foco posto no ámbito rural. O Goberno autonómico, tal e como relatou Lorenzana, está a traballar para aproveitar as oportunidades de emprego que ofrece Galicia en sectores con vacantes. Para acometelo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está apostar por unha modernización sen precedentes do servizo galego de emprego, que comezou polas infraestruturas das oficinas, como as novas instalacións que dá servizo á comarca de Verín. Trátase de facer un mellor encaixe entre a oferta de man de obra que canalizan estas oficinas coa demanda do tecido produtivo das contornas, explicou a conselleira, quen avanzou que neste segundo trimestre do ano estará en marcha o novo sistema tecnolóxico de xestión que, baseado na intelixencia artificial, permitirá unha prospección en tempo real das necesidades das empresas e a busca do persoal que precisan. Lorenzana situou Monterrei como un dos núcleos que exemplifican o compromiso da Xunta de Galicia coa dinamización do rural. Ademais de contar cunha oficina de emprego renovada, foi a primeira comarca en estrear un Polo de emprendemento na comunidade o pasado verán, unha rede que se ampliará a 15 puntos de Galicia durante este ano, cos que se pretende atender ás necesidades do 100% da poboación galega. A través desta rede en crecemento, especificou, xa se deu acubillo a máis de 200 proxectos empresariais no conxunto da comunidade. A comarca de Verín conta ademais cun Centro de Información á Muller que dá servizo a 7 concellos: Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Oímbra, Vilardevós e Monterrei. Tal e como puxo en valor a conselleira no encontro, é fundamental o traballo que desenvolven estes centros como punto de referencia da atención á muller, en especial ás vítimas da violencia de xénero. Grazas á súa proximidade, os CIM convértense en recursos esenciais apoiados pola Xunta de Galicia para facer chegar os recursos ás vítimas e traballar na loita contra este problema estrutural. A conselleira tamén visitou hoxe a bodega Crego e Monaguillo, da denominación de orixe Monterrei. Esta empresa con máis de 50 anos produce viño nunhas instalacións estreadas en 2006 e coa responsabilidade social empresarial como un dos seus leitmotiv.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar