• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lete Lasa eloxia o nivel do fútbol sala galego e dos seus equipos femininos na presentación do congreso internacional "O camiño do futsal"

Lete Lasa eloxia o nivel do fútbol sala galego e dos seus equipos femininos na presentación do congreso internacional “O camiño do futsal”

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:10

O Congreso Internacional de Futsal celébrase en Santiago de Compostela, o 1 e 2 de xullo, coa presenza de profesionais deportivos de primeiro nivel

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no acto de presentación do I Congreso Internacional de Futsal “O Camiño do Futsal”, onde falou da importancia de Galicia no fútbol sala destacando dous equipos femininos que fixeron historia. O primeiro deles, hai aproximadamente corenta anos, o Sal Lence, impresionou a todo o mundo deportivo ao gañar en catro anos tres Ligas e dúas Copas de España e abrindo camiño para que outros equipos fixesen tamén historia máis tarde, coma o Burela Fútbol Sala. Precisamente o equipo da Mariña lucense foi catalogado nas dúas últimas entregas dos Futsal Planet Awards como o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo.O secretario xeral destacou ademais a capacidade do fútbol para repoñerse despois da pandemia da covid–19, superando rexistros anteriores e case alcanzando as cen mil licencias federativas na nosa comunidade (o 17% delas en fútbol sala). Do mesmo xeito, agradeceulles ás federacións o desenvolvemento dun evento desta magnitude en Santiago. Lete Lasa augurou unha exitosa celebración como ocorreu o pasado novembro co congreso internacional ‘O Camiño do fútbol’ que reuniu persoeiros como Manuel Pellegrini, José Luis Mendilibar, Aitor Karanka, Paco Jémez, Montse Tomé, Diego Martínez ou Paco Jémez.O ‘Camiño do Futsal’ ten lugar no auditorio do edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, e reúne adestradores, seleccionadores, preparadores físicos, directores deportivos, ex xogadores, árbitros e psicólogos deportivos do máis alto nivel nacional e internacional. Polo congreso organizado pola Real Federación Española de Fútbol e a Real Federación Galega de Fútbol pasarán nomes como o do seleccionador nacional Federico Vidal; o seleccionador nacional finés, Mico Martic; o ex xogador, Paulo Roberto; o director deportivo da RFEF e ex seleccionador, Venancio López; a árbitra, Leticia Romero; ou o adestrador do Burela, Julio Delgado.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar