• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional do certame espacial Cansat

O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional do certame espacial Cansat

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:40

O proxecto ‘SetiSAT’ acada o premio Mellor CanSat Galicia 2023 na fase autonómica que concluíu hoxe na Cidade da Cultura

Os traballos foron avaliados por un xurado composto por profesionais da Xunta de Galicia e as universidades da Coruña e Vigo tras recrear as fases dun proxecto espacial real no Aeródromo de Rozas

O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional de CanSat, a competición promovida pola Axencia Espacial Europea que reta a alumnado de Secundaria a realizar unha unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos. Así, o proxecto SetiSAT deste centro acadou o premio Mellor CanSat Galicia 2023 na entrega de premios que acolleu hoxe a Cidade da Cultura coa asistencia do secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila. Esta cita, que se leva a cabo despois de que os equipos recreasen as fases dun proxecto espacial real no Aeródromo de Rozas o pasado luns, pon o punto final á fase autonómica celebrada co apoio da Xunta de Galicia e na que se inscribiron unha trintena de equipos. Ademais do traballo do instituto Escolas Proval, o xurado composto por profesionais da Xunta de Galicia, o profesor da Universidade da Coruña Manuel F. Herrador e o profesor da Universidade de Vigo, Enrique Costa Montenegro, tamén recoñeceron os nove proxectos que conseguiron chegar á fase de lanzamento tras entregar o informe crítico de deseño. Así, completan a lista de premiados os institutos de Breamo (Pontedeume) e Eduardo Pondal (Ponteceso) e os colexios Las Acacias–Montecastelo (Vigo) e Compañía de María da Coruña. Un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación lánzase o CanSat a unha altura aproximada dun quilómetro e déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cautivo, un cohete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterrizaxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo