Xunta de Galicia

Declarado Proxecto de interese autonómico o novo CHUAC que axilizará trámites para que estea activo canto antes para 550.000 pacientes da área da Coruña e Cee

Declarado Proxecto de interese autonómico o novo CHUAC que axilizará trámites para que estea activo canto antes para 550.000 pacientes da área da Coruña e Cee

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O presidente da Xunta salienta que “facilitará, simplificará e acelerará” os trámites para, cunha inversión de máis de 500 M?, converter o novo hospital “nun centro de referencia de España”

Con esta declaración complétase a tramitación do instrumento de ordenación urbanística do solo necesario para a construción do novo hospital público da Coruña, incluídas as obras de urbanización e edificación, os accesos desde as vías de alta capacidade, o novo edificio hospitalario nas Xubias e o espazo para resituar as vivendas afectadas

Rueda informa de que tamén se acordou declarar a urxencia para a tramitación das expropiacións necesarias para levar a cabo a actuación, que suporán un investimento de 17 M?

A intervención conta, ademais, con informe ambiental, tanto para o proxecto de interese autonómico como para as vías e os accesos

O proxecto prevé como principal ámbito de actuación Curramontes, onde está o actual complexo e onde se realizarán as obras de renovación e ampliación e os accesos

Executarase un novo anel viario que distribuirá os accesos ás diferentes áreas do hospital e un aparcadoiro soterrado para resolver os problemas de aparcadoiro

O segundo ámbito previsto é Pedralonga, onde se acometerá a urbanización residencial para facilitar o realoxo de afectados polas expropiacións de vivendas

A Xunta xa licitou en xullo a demolición do Hotel de doentes e a construción da torre polivalente, así como a redacción do proxecto e execución de obra dos accesos, cun investimento xa mobilizado de máis de 60 M?

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00 H | 05 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking