Xunta de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública recibe aos participantes na iniciativa Camiño 2022 na súa chegada a Santiago

O conselleiro de Facenda e Administración Pública recibe aos participantes na iniciativa Camiño 2022 na súa chegada a Santiago

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Miguel Corgos agradece aos 400 empregados da empresa CISCO o seu proxecto solidario a prol da loita contra o cancro

Os traballadores de CiSCO España e outros 20 países chegaron a Santiago desde distintos puntos do país como parte do seu compromiso coa comunidade “Dejando huella”

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, recibiu hoxe en Santiago de Compostela aos participantes na iniciativa Camino 2022, promovida por CISCO, logo de completar a súa peregrinación á capital de Galicia.Miguel Corgos agradeceulles aos 400 empregados, familiares e amigos desta multinacional tecnolóxica o seu proxecto solidario a prol da loita contra o cancro e louvou a súa responsabilidade, que busca impactar na comunidade a través das persoas, a tecnoloxía e a sustentabilidade con “Dejando huella”, iniciativa que se traduciu na multitudinaria e solidaria peregrinación a Santiago.O responsable da Facenda autonómica lembrou que CISCO é líder mundial en tecnoloxía da información e redes, con presenza destacada en Galicia, onde fabrica boa parte da electrónica de comunicacións instalada nos centros conectados á rede corporativa da Xunta. É, ademais, o provedor da aplicación corporativa de videoconferencia.O conselleiro de Facenda e Administración Pública agradeceu á empresa ter escollido Santiago e o Camiño como medio para acadar o fin de recadar fondos para a loita contra o cancro e lembroulles que, deste xeito, se suman aos máis de 100.000 peregrinos que desde xaneiro chegaron xa a Galicia e que van contribuír a facer este dobre Ano Santo o máis importante da historia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 28 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking