• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A área sanitaria de Pontevedra e o Salnés e a Asociación Española de enfermos de Meniere conmemoran o día mundial desta enfermidade cunha mesa informativa no hospital de Montecelo

A área sanitaria de Pontevedra e o Salnés e a Asociación Española de enfermos de Meniere conmemoran o día mundial desta enfermidade cunha mesa informativa no hospital de Montecelo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:45

Foi visitada polo xerente da área sanitaria, José Flores Arias

A enfermidade é a segunda causa de vértigo de orixe otolóxica

Hoxe martes, 7 de febreiro, celébrase o día mundial da Enfermidade de Meniere. Con tal motivo, a Asociación Española de enfermos de Meniere (ASMES), en colaboración co Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, instalou unha mesa na entrada do Hospital Montecelo de Pontevedra, desde as 10 ata as 13 horas, na que se ofreceu información a todas aquelas persoas interesadas no tema. A mesa foi visitada polo xerente da área sanitaria, José Flores Arias.A Enfermidade de Meniere é a segunda causa de vértigo de orixe otolóxica. Preséntase en forma de crise intensa de vertigo, asociado a náuseas e vómitos, perda de audición progresiva e pitidos nos oídos. Estas crises son recorrentes e incapacitantes, sendo unha causa frecuente de baixa laboral e mesmo de incapacidade.Nestes casos, faise recomendable o seguimento de unidades especializadas en Otoneuroloxía, que xa existen na maioria de centros hospitalarios de Galicia. Queda por avanzar na formación dos médicos de familia en canto ao seu diagnóstico precoz e seguimento da enfermidade.Na actualidade, o tratamento baséase nunha dieta especifica, medicación e, no caso dunha mala resposta, tratamento cirúrxico. Con estas pautas conséguese unha importante melloría no 90% dos pacientes. Non se coñece a causa concreta, pero nos últimos 10 anos produciuse un gran avance no seu estudo, sobre todo do seu compoñente xenético e inmunitario. Estes avances suporán, a medio prazo, o desenvolvemento de novos tratamentos que, sen dúbida, aliviarán as molestias.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar