• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Alfonso Villares supervisa a execución da dragaxe do porto de Ribadeo no que a Xunta inviste preto de 2 M?

Alfonso Villares supervisa a execución da dragaxe do porto de Ribadeo no que a Xunta inviste preto de 2 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:35

Trátase da primeira fase das actuacións previstas neste peirao que suporá a retirada de 139.335 m3 de material do canle de acceso e das dársenas pesqueira e comercial de Mirasol

O conselleiro destacou que a Administración autonómica ten previsto realizar outras melloras no entorno portuario acondicionando locais, terreos e instalacións que suporán un desembolso de 800.000 ?

O Goberno galego investiu máis de 13 M? en medidas de apoio ao sector pesqueiro con melloras nas infraestruturas portuarias, apoiando a competitividade, innovación tecnolóxica e o desenvolvemento pesqueiro

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Ribadeo (Lugo), 27 de febreiro de 2024, puxo en valor os avances na execución dos traballos de dragaxe no porto de Ribadeo nos que a Xunta, a través de Portos de Galicia, inviste preto de 2 millóns de euros. Así o manifestou acompañado polo presidente da entidade portuaria autonómica, José Antonio Álvarez, pola xefa territorial na Mariña, María do Carmen Gueimunde, e polo alcalde do municipio, Daniel Vega, durante a visita ao peirao onde subliñou a aposta do Goberno galego por seguir actuando na constante mellora das infraestruturas portuarias da comunidade, fundamentais no desenvolvemento da actividade comercial e cun especial impacto no sector pesqueiro. Estas operacións de dragado corresponden á primeira fase das catro nas que se dividen as actuacións previstas no peirao lucense de xeito plurianual nas que se ten previsto investir 5,5 millóns de euros. A actuación principal é a retirada de 139.335 m3 de materiais da canle de acceso ata acadar a cota –5 e das dársenas pesqueira e comercial de Mirasol ata acadar a cota –2. En total, e contando cos sobredragados, serán recollidos 172 mil m3 de áridos dos cales 135 mil serán depositados na praia de San Miguel de Reinante e o resto, non apto para alta mar, a uns 5 km da zona de dragado.O responsable autonómico destacou que con estas obras se dá resposta a unha necesidade de mellorar a operatividade desta infraestrutura portuaria e explicou que o seu departamento ten previsto realizar outras actuacións complementarias dirixidas a mellorar o entorno portuario coa pavimentación do porto comercial e do porto de Rinlo, situado na mesma localidade, no que se investirán 215.000 euros. A esta previsión engadiu o acondicionamento de locais, terreos e instalacións do peirao lucense que suporán un desembolso adicional de 800.000 euros. O conselleiro resaltou o esforzo inversor realizado pola Xunta desde o 2009 no ámbito portuario e pesqueiro que alcanzou os 13,3 millóns de euros que foron dirixidos principalmente á mellora e mantemento das infraestruturas portuarias, proxectos vencellados ao desenvolvemento pesqueiro así como ao apoio da competitividade e innovación tecnolóxica deste sector e a súa industria transformadora.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar