• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

RIBADEO

O alcalde de Ribadeo critica os duros requisitos da Xunta para contratar socorristas

Fernando Suárez advirte que como pase algo non será culpa dos concellos senón da Xunta de Galicia 

Socorristas en la Playa de las Catedrales

Cope de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:05

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, critica que a dureza terrible dos requisitos da Xunta fai moi complicada a contratación de todos os socorristas que precisa Ribadeo para prestar os servizos axeitados nas súas praias durante o vindeiro verán.

Desde o Concello venlle de comunicarlle á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que “a planificación do Concello é a de dispoñer de servizo de socorrismo nas praias de Os Bloques, Os Castros, As Illas, Esteiro e As Catedrais, dende o 15 de xuño ata o 14 de setembro”. Nese escrito dise que “outra cousa son as posibilidades reais que teremos á hora de poder cubrir este servizo debido á escaseza de candidatos que cumpran coas excesivas esixencias que a Xunta estableceu nos últimos anos”.

O Concello paga máis e por máis tempo

O rexedor asegura que “desde o Concello comprometémonos a facer as contratacións dos socorristas, sempre que poidamos. Somos os primeiros en facelo, pagamos máis e contratamos por máis tempo. Pero a dureza terrible dos requisitos da Xunta fan moi complicado todo este procese. Case ningún Concello, con independencia da cor política, da cumprido con todos eses requisitos”. E engade que “mentres isto ocorre en Galicia vexo como os nosos veciños asturianos non teñen este problema, garantindo un servizo adecuado en canto a número e calidade do seu persoal, en contraposición coa normativa galega que provoca que cada ano dispoñamos de menor número de candidatos a ocupar este servizo e consecuentemente nos vexamos na obriga de deixar determinadas praias sen socorristas á vez de non cubrir nas debidas condicións outros areais”.

Audio

Cope de la Costa

Fernando Suárez subliña que “como pase algo neste verán, non será culpa dos Concellos. A responsabilidade sobre a protección das vidas será da Xunta e dos miopes que defenden ese xeito de proceder”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar