"Toca madeira, alza o voo": O Museo de Lugo acolle unha coidada selección de obra escultórica da colección tifolóxica da ONCE

Trátase dunha decena de pezas de madeira, realizadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por outros que non a teñen, unidas por unha temática común: a capacidade de alzar o voo fronte ás adversidades

Iria Castro na exposición tifolóxica
00:00
Deputación de Lugo

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, participaron na inauguración da mostra

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Museo Provincial de Lugo acolle estes días a exposición "Toca madeira, alza o voo", que reúne nas súas salas unha coidada selección de obras escultóricas da colección do Museo Tifológico de la ONCE. Na inauguración da mostra, que tivo lugar este martes pola tarde, participou a deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago. 

Trátase dunha decena de pezas de madeira, realizadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por outros que non a teñen, unidas por unha temática común: a capacidade de alzar o voo fronte ás adversidades.

Na inauguración, na que participaron persoas usuarias da ONCE en Lugo e de COGAMI, a deputada Iria Castro enmarcou a exposición “no compromiso dos museos provinciais coa inclusión” e remarcou que “o acceso á cultura e á arte é fundamental para unha participación plena na sociedade das persoas com discapacidade”.

"simboliza o progreso, a liberación e valentía para superar obstáculos"

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, explicou que “a metáfora de alzar o voo simboliza o progreso, a liberación e a valentía para superar os obstáculos da vida. Con esta iniciativa, buscamos resaltar esa capacidade do ser humano para superar dificultades e concienciar sobre a discapacidade na nosa sociedade”.

A mostra representa a idea de repoñerse

Cedida

A mostra resalta a capacidade do ser humano para repoñerse ás adversidades

  • Idillia Fernández Borrué, Jesús Curiá Pérez, Pablo Miranda, Emilio Sánchez García, Teo Calvo Doce, Ana Delgado Sanz, Enrique Cabildo Manso, Carlos Purroy e Pedro Monago García son os autores das pezas, deseñadas para seren percibidas a través do tacto pola forma, a textura ou a temperatura.

A mostra permanecerá ata abril na zona tiflolóxica do Museo Provincial, que se renova periódicamente a través da colaboración que a Rede Museística mantén coa Fundación ONCE.

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 08 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking