'Á marxe da lei': a cara oculta da posguerra en Lugo, preséntase hoxe na Deputación

O novo libro da investigadora Tamara López é o froito dunha exhaustiva análise documental sobre a delincuencia común na súa cidade natal entre 1945 e 1966

Tamara López é doutora en Estudos Culturais da USC
00:00
Chema Núñez

Tamara López presenta hoxe o seu libro "Á marxe da lei"

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura11:21 min escucha

Esta tarde, ás 20:00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo, preséntase Á marxe da lei, o novo libro da investigadora lucense Tamara López. A obra afonda na historia menos coñecida da cidade: a vida cotiá e a delincuencia común durante varias décadas do franquismo.

Un traballo rigoroso sobre unha época esquecida

Tamara López é doutora en Estudos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e actualmente realiza traballos posdoutorais, cunha estadía de investigación en Lisboa. É profesora, escritora e, sobre todo, unha apaixonada da súa cidade natal

Con Á marxe da lei, converte a súa tese de doutoramento nun libro que enche un baleiro na historiografía recente de Lugo. A obra analiza en detalle o período comprendido entre 1945 e 1966, unha etapa da posguerra marcada pola pobreza e a represión

Segundo Tamara López, esta investigación foi para ela "un auténtico pracer" pola oportunidade de recuperar e dar voz ás vivencias reais da cidadanía lucense durante eses anos difíciles.

A FAME, O lucro e O tráfico: PRINCIPALES CAUSAS

O libro céntrase na delincuencia común, afastada de calquera motivación política. Nas primeiras páxinas, reflíctese unha criminalidade de subsistencia, crimes impulsados pola fame e a necesidade básica de sobrevivir.

A partir dos anos 50, comezan a detectarse delitos con ánimo de lucro, e nos anos 60 emerxen incluso casos relacionados co tráfico, coincidindo coa expansión do automóbil. 

Feitos reais, sen ficción nin interpretación

Para dar forma a este traballo, Tamara López consultou máis de 7.300 sumarios e 1.300 sentenzas do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lugo. A súa premisa é clara: "Feitos reais cen por cen, sen marxe para a interpretación nin elementos novelísticos"

O resultado é un retrato directo, documentado e sen adornos dunha sociedade marcada pola represión e a desigualdade. A través das páxinas tamén se recollen casos tráxicos de mulleres que perderon a vida ao tentar interromper embarazos non desexados, nun contexto no que o aborto era considerado delito. Estes relatos amosan as arestas máis duras e descoñecidas dunha época silenciada. 

Presentación e venda do libro

Á marxe da lei preséntase este martes, 29 de abril, ás 20:00 horas, na Deputación de Lugo, nun acto aberto ao público no que estarán presentes autoridades locais e representantes culturais. 

A partir do 16 de maio, coincidindo coa Feira do Libro de Lugo, a obra estará dispoñible nos stands da feira e posteriormente nas principais librarías da cidade. 

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

02:00 H | 16 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking