Lugo mobiliza un dispositivo de limpeza "sen precedentes" para ter a cidade impoluta durante o Arde Lucus
Comezará a traballar de madrugada para ter as rúas en perfecto estado de revista a primeira hora da mañá, e estará formado por un total de 95 operarios e medio cento de vehículos

O alcalde, Miguel Fernández, dixo que o Concello despregará un dispositivo de limpeza "sen precedentes" no Arde Lucus
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura0:51 min escucha
A chegada a Lugo de milleiros de visitantes para o Arde Lucus e o amplo programa de actividades programadas para a festa esixen a posta en marcha de dispositivos especiais, como é o que deseñou o servizo municipal de limpeza, LuceLugo, que este ano incorpora máis medios técnicos e humanos, ademais de importantes novidades, como a recollida selectiva nos campamentos e instalacións propias da festa.
Así o explicou o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que puxo en valor “o gran despregue deste servizo, cuxo persoal comezará a traballar ás 5:30 horas da mañá nas xornadas fortes da festa, antes que en edicións anteriores, para garantir o bo estado da cidade e o desenvolvemento óptimo das actividades previstas no evento”.
“Nesta edición contaremos cuns medios técnicos e humanos sen precedentes para asegurar a limpeza de rúas e prazas, xa que haberá 95 operarios e operarias e preto de 50 vehículos”, destacou o rexedor municipal.

Estado no que quedou o ano pasado a Praza do Campo despois dunha noite de festa no Arde Lucus
reforzos para determinadas actividades
Haberá reforzos para determinadas actividades, como nos desfiles nos que participen cabalos, nos espazos destinados a demostracións de oficios artesanais ou un operativo especial de limpeza intensiva na zona da Avenida Ramón Ferreiro, onde se sitúan os restaurantes.
Para realizar ditos traballos, empregaranse preto de 50 vehículos, na súa maioría eléctricos, a fin de reducir as molestias causadas polo ruído e ser máis sostibles desde o punto de vista ambiental.
Os os operarios de varrido manual irán en triciclos eléctricos para poder chegar a todas as zonas e cubrir a limpeza no menor tempo posible.
Para acometer a limpeza mecánica, este servizo municipal utilizará entre outros medios varredoras de calzadas de gran capacidade, varredoras eléctricas de beirarrúas, triciclos eléctricos, baldeadoras eléctricas de beirarrúas, equipos con baldeo a presión, cisternas de rego e baldeo, furgóns eléctricos, camións de caixa aberta e vehículos auxiliares eléctricos.

Desfile con cabalos
máis colectores
Tamén está prevista a instalación de illotes de colectores con varias fraccións de reciclaxe que se recollerán frecuentemente. Incrementarase tamén o número de colectores e estarán operativos todos os soterrados da zona interior da muralla.
Coa finalidade de facer unha festa máis sostible, nos campamentos e puntos de xeración de residuos, colocaranse contedores de fracción resto, fracción bolsa amarela e fracción orgánica. Ditos colectores terán que estar fóra dos campamentos a partir das 05:30 para a súa recollida.
Nesta edición contaremos cuns medios técnicos e humanos sen precedentes"
Alcalde de Lugo
tarefas previas

No centro de Lugo todo está preparado para inicio da festa
Desde finais do mes de maio e durante o mes de xuño realizáronse traballos de fregado de alta presión nas beirarrúas, prazas e zonas peonís; tarefas de roza manual e mecánica; limpeza profunda de todas as papeleiras; eliminación de pintadas e colocación de contedores nas zonas dos campamentos e na explanada do pavillón municipal.
Ademais, colocáronse illas emerxentes nas que se poderán depositar residuos de maneira selectiva na Praza da Horta do Seminario, na Rúa Anxo López Pérez, na Praza de Santo Domingo e no Parque de Rosalía de Castro.

O Arde Lucus 2024 deixou imaxes espectaculares
Todo está preparado para que Lucus comece a arder. Agárdase a chegada de decenas de miles de visitantes nas próximas horas. Que comece a festa!



