Lugo inicia a colocación de "radares pedagóxicos"

O primeiro foi instalado na Avenida Infanta Elena, unha das principais entradas á cidade de Lugo, para que a xente tome conciencia real da velocidade á que circula cos seus vehículos e mellorar "a seguridade viaria"

O primeiro "radar pedagóxico" da cidade quedou instalado na Avenida Infanta Elena
00:00
Ramudo

O primeiro "radar pedagóxico" da cidade quedou instalado na Avenida Infanta Elena

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Concello de Lugo iniciou a instalación de radares pedagóxicos en diferentes puntos da cidade co obxectivo de que os condutores tomen conciencia real da velocidade coa circulan ao volante dos seus vehículos, para promover unha condución responsable e segura. 

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa edil de Educación, Iria Buide achegáronse á Avenida Infanta Elena, onde quedou  instalado o primeiro destes dispositivos.

Teñen, segundo explicou Rubén Arroxo, "un obxectivo formativo: facer que as persoas condutoras tomen conciencia da súa velocidade ao circular polas rúas de Lugo, contribuíndo así a mellorar a seguridade viaria e a convivencia no espazo público".

Queremos reducir a velocidade media nas zonas urbanas para facer de Lugo unha cidade máis segura e amable para as persoas"

Rubén Arroxo

Tenente de alcalde de Lugo

Arroxo destacou que “seguimos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e aumentar a seguridade viaria, reducindo a velocidade media nas zonas urbanas e facendo de Lugo unha cidade máis segura e amable para todas as persoas”. 

"un paso adiante"

Segundo o tenente de alcalde, “actuacións como esta permítennos dar un paso adiante na sensibilización da veciñanza, apostando pola educación viaria como elementos básico para mellorar a convivencia entre vehículos e peóns”.

Archivo Cope

Os radares pedagóxicos xa funcionan dende hai tempo noutras localidades galegas, como este, colocado na Avenida de Juan Flórez, na Coruña

A colocación destes radares pedagóxicos continuará nas vindeiras na contorna dos conservatorios, "aumentando a seguridade en dúas zonas da cidade que contan cunha gran densidade de tráfico"

Estes dispositivos, que non teñen capacidade para denunciar aos conductores, cumpren cunha función educativa e informativa. Os radares pedagóxicos amosan en tempo real a velocidade de cada vehículo, e lanzan mensaxes co obxectivo de fomentar unha conducción máis segura.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00 H | 10 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking