Os grandes persoeiros do pasado "resucitan" en Lugo

O Cemiterio Municipal de San Froilán acollerá esta primavera unha serie de paseos teatrais nos que se rememorará a homes e mulleres que "deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense"

Os edís Rubén Arroxo, Cristina López e Alexandre Penas diante do Cemiterio Municipal de San Froilán
00:00
Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, fala das visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal de San Froilán

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

Atención á iniciativa cultural que pon en marcha o Concello de Lugo esta primavera no Cemiterio Municipal de San Froilán: unha serie de paseos teatrais a través dos cales se rememorará a vida e o legado de persoeiros destacados da cidade.

PRIMEIRA CITA COAS "MULLERES" de LUGO

A primeira sesión, que terá lugar o 23 de marzo ás 17:30 horas, centrarase nas "mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense".

O grupo de teatro Achádego, coa súa interpretación, revivirá as historias destas "figuras femininas que contribuíron significativamente ao desenvolvemento cultural e social da cidade".

As entradas poderán reservarse previamente no Cemiterio Municipal de San Froilán ou na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de catro por persoa.

RESCATAR A "MEMORIA DA CIDADE"

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, a nacionalista Cristina López, convida "a participar nesta iniciativa cultural que busca rescatar a memoria da cidade", e afirmou que as visitas teatralizadas ao cemiterio son "oportunidades únicas para coñecer o noso pasado nunha instalación referencial de Lugo".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 24 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking