O Eixo Atlántico presenta en Lugo un plan de acción para que as cidades sexan máis sostibles e eficientes

O Pazo de San Marcos acolleu a presentación dun informe que recolle 112 medidas para reducir a contaminación e adiantarse ao cambio climático nos municipios que conforman a entidade transfronteiriza

O Eixo Atlántico presentou en Lugo un plan de acción contra o cambio climático nas cidades
00:00
Baruk Domínguez

O Eixo Atlántico presentou en Lugo un plan de acción contra o cambio climático nas cidades

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, acompañaron este martes no Pazo de San Marcos a Francesc Cárdenas, experto en sustentabilidade e autor dun informe que recolle 112 medidas para reducir a contaminación nos municipios que conforman a entidade transfronteiriza.

Estratexia para a mitigación e adaptación ao cambio climático: metabolismo urbano e biodiversidade é unha folla de ruta con accións concretas para que os 40 membros da entidade sexan cidades máis sostibles e eficientes.

"UN RETO URXENTE E TRANSCENDENTAL"

José Tomé sinalou que se trata "dun dos retos máis urxentes e transcendentais do noso tempo: a loita contra o cambio climático e a transición cara un modelo de desenvolvemento máis sostible, máis xusto e máis eficiente. O plan de descarbonización dos municipios do Eixo Atlántico que se presenta hoxe aquí é un exemplo claro de cooperación, de planificación conxunta e de compromiso coa sustentabilidade desde o ámbito local"

"Como sabedes, este plan non é só unha proposta técnica. É unha folla de ruta completa e ambiciosa", destacou o mandatario provincial, que explicou que o informe aborda aspectos "tan relevantes" como a eficiencia enerxética nos edificios e servizos públicos, a mobilidade urbana sostible, a produción de enerxía renovable a pequena escala, a xestión do ciclo da auga ou a implicación cidadá nas solucións climáticas.

Valorou ademais "a importancia de traballos coma este, que non só nos propoñen medidas concretas senón que tamén nos permiten compartir boas prácticas, aprender uns dos outros e avanzar conxuntamente"

"EXPERIENCIA ACUMULADA" NO ÁMBITO LOCAL

Nese sentido, Francesc Cárdenas puxo como exemplo unha das medidas que levou a cabo a Deputación de Lugo, coa incorporación de cinco vehículos eléctricos á flota da institución. Explicou que o resto de entidades pode aprender de esa experiencia, vendo o aforro nas emisións e no custo económico, que acada os 22.000 euros ao ano.

Unha "experiencia acumulada" que pode axudar de xeito importante a conseguir os novos obxectivos.

Xoán Vázquez Mao sinalou, pola súa banda que con este estudo "o Eixo Atlántico reafirma os seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e o Pacto Verde Europeo", e que "nun momento no que o quecemento global ten superado os 1,5 grados é importante actuar desde o local".

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00H | 6 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking