Case un dez nas probas de acceso á universidade (PAU): os dous mellores estudantes de Lugo cursarán Dereito e Medicina

Martín Casanova, alumno do IES Leiras Pulpeiro, acadou a nota máis alta cun 9,96 sobre 10, mentres que Isabel Liñares, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, conseguiu a segunda mellor puntuación, cun 9,65

Mellores alumnos da PAU en Lugo

Cedida

Mellores alumnos da PAU en Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a edila de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, recibiron na Casa do Concello a Martín Casanova e Isabel Liñares, estudantes que acadaron as dúas mellores cualificacións nas probas de acceso á universidade (PAU) no municipio de Lugo. Despois do verán retomarán os seus estudos como alumnos universitarios de Dereito e Medicina.

Martín Casanova, alumno do IES Leiras Pulpeiro, acadou a nota máis alta cun 9,96 sobre 10, mentres que Isabel Liñares, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, conseguiu a segunda mellor puntuación, cun 9,65. Ambos estudantes foron recoñecidos pola súa excelencia académica, máis tamén pola súa implicación persoal, disciplina e compromiso co estudo.

A concelleira de Educación, Iria Buide, destacou que “é un orgullo para Lugo contar con estudantes como Martín e Isabel, que representan o talento, a constancia e a capacidade crítica da nosa mocidade”. 

"Valoramos enormemente o seu esforzo e reafirmamos o compromiso do Concello coa educación pública como garantía de igualdade de oportunidades e futuro para todas e todos”, engadiu.

Isabel e Martín fixeron unha selectividade prácticamente redonda

Cedida

Isabel e Martín fixeron unha selectividade prácticamente redonda

"Visibilizar exemplos"

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, subliñou que “é esencial visibilizar exemplos coma estes, que amosan que a nosa mocidade está preparada para liderar con criterio e compromiso. Representan unha xeración con moito que achegar á sociedade, e desde a Tenencia de Alcaldía seguiremos impulsando espazos que valoren o mérito e a cultura do esforzo”.

Durante a visita, as concelleiras fixéronlles entrega dun pequeno agasallo e animaron a ambos estudantes a continuar co seu camiño formativo "con ilusión e dedicación". 

  • No seu caso, farano a través das súas eleccións universitarias nas ramas de Dereito e Medicina, respectivamente.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00H | 7 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking