O BNG inicia unha campaña para esixir á Xunta a creación do Gran Parque Central de Lugo: "Ten un apoio brutal da veciñanza"

A iniciativa para substituír a actual estación de autobuses xa foi presentada hai uns meses, e agora a formación frentista pon en marcha unha recollida de sinaturas para levar a proposta ao Parlamento de Galicia

Antón Bao e Rubén Arroxo foron os primeiros en deixar a súa sinatura en apoio do Gran Parque Central de Lugo
00:00
Baruk Domínguez

Antón Bao e Rubén Arroxo foron os primeiros en deixar a súa sinatura en apoio do Gran Parque Central de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo responsable local da formación frentista, Antón Bao, presentaron unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a construcción do Gran Parque Central de Lugo no espazo da actual estación de autobuses unha vez entre en funcionamento a nova intermodal. 

Arroxo afirmou que se trata dunha "proposta seria e que ten o consenso da veciñanza", e que permitirá avanzar "na transformación urbana da cidade, creando un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e O Vello Cárcere".

Segundo o voceiro dos nacionalistas, este parque suporá "unha transformación importante para Lugo", creando un "gran pulmón verde integrado no casco histórico e ao pé da muralla".

Vista aérea del proyecto del Parque Central de Lugo

BNG Lugo

Vista aérea do proxecto do Gran Parque Central de Lugo

PASO SOTERRADO E PARADA PARA BUSES

A proposta inclúe ademais a creación dun paso soterrado para vehículos que una a Rúa Dinán e a Avenida Anxo López Pérez "eliminando na práctica o tráfico rodado nesta zona", explicou Arroxo.

Os nacionalistas propoñen tamén a creación dunha parada para as liñas de transporte interurbano que desexen parar nesta zona da cidade, mantendo o resto do espazo como o que defuniu "o Gran Parque Central de Lugo, unha nova praza verde integrada no casco histórico".

A proposta reclama á Xunta de Galicia que elabore este proxecto "buscando consenso social e político", e afirmou que "coa renovación do espazo da actual estación de autobuses, a Xunta ten que aproveitar a oportunidade de demostrar que quere investir en Lugo e mellorar a cidade".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

13:00H | 20 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking